Estás en:Novas

OVEL. Procedemento e información a fornecer polas EELL que se acollan ao disposto na Disposición adicional centésima novena da Lei orzamentos xerais do Estado 2021.

Novedades:

[06/04/2021] Nota Informativa, pola que se establece o procedemento e a información a fornecer polas entidades locais que se acollan ao disposto na Disposición adicional centésima novena da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.

Autorización,  de forma exclusiva para este exercicio 2021, a converter operacións de débeda a curto prazo en operacións a longo prazo, para entidades que :
a) Presenten aforro neto (en diante, AN) negativo, calculado conforme o artigo 53 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e a disposición final trixésima primeira da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2013.
b) Exclusivamente, para aquelas EELL que presenten orzamento limitativo presenten remanente de tesourería para gastos xerais negativo, unha vez atendido o saldo da conta 4131 «Acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento» ou, no caso de que non exista esta divisionaria, a parte do saldo da conta 413 «Acredores por operacións percibidas» que equivale a aquela, ou saldos de contas equivalentes nos termos establecidos na normativa contable e orzamentaria que resulta de aplicación (en diante, "RTGG axustado DA109").

https://www.hacienda.gob.es/Documentacion/Publico/DGCFEL/Endeudamiento/Nota-Informativa-Endeudamiento-Ley-2020-DA109.pdf

Páxinas suxeridas