Estás en:Novas

A Deputación inviste preto de medio millón de euros en obras de mellora dos camiños e estradas rurais de Padrón

As sete obras, incluídas no Plan Único, suman un investimento de 492.395 euros e están en fase de licitación

A Deputación inviste preto de medio millón de euros en obras de mellora dos camiños e estradas rurais de Padrón

Deputación da Coruña investirá preto de medio millón de euros para renovar a pavimentación e mellorar as condicións de numerosos camiños e estradas rurais de distintas parroquias do concello de Padrón.

A Plataforma de Contratación do Estado vén de publicar a licitación pública dunha batería de sete obras que suman un investimento total de 492.395 euros e que serán financiadas con cargo ao Plan Único, o principal programa de investimentos da Deputación nos concellos coruñeses.

As obras inclúen corta e limpeza de beiravías, así como o acondicionamento e renovación do pavimento en diferentes vías de titularidade municipal, principalmente en zonas rurais do municipio padronés.

O maior investimento (123.525 euros) destinarase ao afirmado e acondicionamento de varias pistas en Berxaos-Rial do Mato. Tamén se levarán a cabo obras de mellora en Pedroso Norte, Pedro Sur e acceso a Tarrío (Cruces), nos camiños de Extramundi de Abaixo e A Barca-Cortiñas e executarase a pavimentación de diversas vias en Cambelas.

Páxinas suxeridas