Estás en:Novas

Ames licita as obras de mellora das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns, financiadas polo Plan Único

As obras executaranse sobre unha superficie de 1975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop

Ames licita as obras de mellora das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns, financiadas polo Plan Único

O Concello de Ames vén de aprobar a licitación das obras de Rúa Fragua e Xunqueira, financiadas Plan Único (POS+ 2020) que suporán un investimento de , 73.633,29 euros. As obras executaranse sobre unha superficie de 1.975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop.

En ambas rúas está prevista a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente tipo AC16 B50/70 sobre unha superficie de 1975 m2, -dos que 530 m2 atópanse no inicio da actuación e 1.445 m2 atópanse no final- e en dous treitos intermedios de 435 m de lonxitude de 6 m de ancho medio e 55 m de lonxitude e 5 m de ancho medio.
O proxecto contempla que na superficie de 1975 m2, previo ó estendido da capa de rodaxe, levarase a cabo o fresado do pavimento existente, mentres que para os tramos intermedios de 435 m e 55 m de lonxitude, levarase a cabo a reparación de fochancas e o perfilado de mordentes ao 15% da superficie no treito de 453 metros e ao 10% da superficie no treito de 55 m con 10 cm de grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Completan as obras a execución de 60 m de cuneta de seguridade, previa limpeza e recuperación da súa sección, e a sinalización horizontal e a vertical coa colocación de 4 sinais de stop.
Estas obras saen a contratación logo da declaración de necesidade efectuada pola Concellería delegada de Obras e Servizos Básicos.
Para o concelleiro de Obras e Servizos e deputado provincial, Blas García, esta é "unha actuación importante que mellorará notablemente unha das zonas máis transitadas de Bertamiráns, que ademais forma parte dunha programación de actuacións que van enlazadas entre si, como son a apertura do viario da Travesía da Agra que desemboca na rúa Fontaldeiro, así como futuro arranxo do acceso de Cantalarrana ao límite co concello de Brión".
O concelleiro engade que "cando esta serie de obras rematen a zona que conforma Cantalarrana e o entorno das rúas Fragua e Xunqueira cambiará de maneira importante, e mellorará o acceso tanto de vehículos como de persoas ao crear unha nova mazá".