Estás en:Novas

Bergondo fai efectivo o pagamento de 150.367,75 euros en axudas do PEL Reactiva para autónomos e microempresas

Son 79 as empresas que nos próximos días recibirán as axudas, cofinanciadas pola Deputación da Coruña

Bergondo fai efectivo o pagamento de 150.367,75 euros en axudas do  PEL Reactiva para autónomos e  microempresas

O concello de Bergondo vén de facer efectivo o pago de 150.367,75 euros das subvencións do plan de axudas a autónomos e microempresas do PEL Reactiva impulsado pola Deputación da Coruña e os concellos da provincia co obxectivo de axudar a paliar os efectos económicos da actual crise sanitaria.

Son 79 as empresas que nos próximos días recibirán o ingreso destas axudas. Destas, a 66 correspóndelles o importe total ao que teñen dereito e a 13 o importe parcial xa que non xustificaron a totalidade dos gastos. As axudas oscilarán entre os 1.500 e os 3.000 euros por negocio.

Hai que lembrar que o concello de Bergondo destinou 192.000 euros a maiores do PEL – Reactiva da Deputación da Coruña para completar un ambicioso plan de axudas a autónomos e microempresas que contou cun orzamento total de 350.000 euros.

Páxinas suxeridas