Estás en:Novas

A Deputación inicia a construción de beirarrúas en Tufións (Vimianzo)

As obras supoñen un investimento de 385.674 euros

A Deputación inicia a construción de beirarrúas en Tufións (Vimianzo)

FOTO (ARQUIVO)

 A Deputación da Coruña comezou estas días en Vimianzo as obras de construción das novas beirarrúas de Tufións, na DP-1603. Trátase dun tramo de estrada con numerosas vivendas e parcelas de uso agrario, que ata agora non contaba con beirarrúas nin ningún espazo que permita o paso peonil.


Como se pode ver nas imaxes, xa se comezou co obxecto primeiro deste proxecto, que é a creación entre os puntos quilométricos 2+850 e 3+480 de sendas peonís a ambas marxes, actuando tamén no firme da estrada, ademais de para a súa adaptación, renovando o seu acabado mediante aglomerado. Tamén se canalizará o alumeado e dotar a este tramo de nova iluminación, así como da canalización de instalación de pluviais.


Con esta intervención, preténdese que a veciñanza da contorna conte cunhas condicións óptimas da súa seguridade, facilitando os desprazamentos de persoas sen necesidade de ocupar a calzada, co que iso supón en materia de seguridade viaria, así como a relocalización da correspondente sinalización. Técnicos da Deputación visitaron estes días a zona para coordinar o inicio dos traballos.

Páxinas suxeridas