Estás en:Novas

A Deputación adxudica por 74.756 euros a poda de árbores ao longo de 8 quilómetros da estradas provinciais en Cambre, Sada e Oleiros

As tarefas desenvolveranse na DP-1702 de Cambre á Rocha e na DP-5812 de Meirás a Santa Cruz

Podaranse os exemplares que precisen de saneamento e que ocasionen problemas no cableado, tráfico ou vivendas e talaranse aqueles que sexan irrecuperables e que supoñan un risco ao poder caer.

A Deputación adxudica por 74.756 euros a poda de árbores ao longo de 8 quilómetros da estradas provinciais en Cambre, Sada e Oleiros

A Deputación acaba de adxudicar por 74.756,22 euros as tarefas de poda de árbores nas estradas provinciais DP-1702 de Cambre á Rocha (Cambre) e DP-5812 de Meirás (Sada) a Santa Cruz (Oleiros).

Os traballos de mantemento das arboredas sitas nas marxes das estradas próximas a núcleos de poboación son imprescindibles para garantir a seguridade da zona e facilitar a convivencia do tráfico rodado e peonil coas árbores.

As actuacións incluirán a tala daqueles exemplares irrecuperables que supoñen un risco ao poder caer de forma parcial ou total, e a poda dos que precisen saneamento ou que ocasionen problemas nos cables electrónicos e telefónicos, no tráfico ou nas vivendas próximas.

As tarefas realizaranse na DP-1702 de Cambre á Rocha, nun tramo de 3.050 metros que conta con 153 árbores, e na DP-8512 de Meirás ao porto de Santa Cruz, 5.140 metros poboados por 240 exemplares. En ambos casos a especie arbórea predominante é o plátano.

Páxinas suxeridas