A Deputación da Coruña financia 75.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos da Costa da Morte
Valentín González Formoso destaca en Fisterra que a Deputación reforzou este ano todos os seus programas sociais para "non deixar a ninguén atrás" na saída da crise
Os concellos da comarca reciben este ano máis de 4 millóns de euros da Deputación para gastos sociais
As axudas da Deputación permiten aos concellos da zona contratar a 35 profesionais especializados na área social e financiar 75.000 horas de axuda a domicilio
O presidente da Deputación reclama un maior compromiso económico da Xunta para soster un servizo esencial para a atención de maiores e dependentes nos concellos rurais

A Deputación da Coruña incrementou este ano de 7 a 8 millóns de euros o orzamento do Programa de Servizos Sociais Comunitarios, o que permite reforzar os programas de protección social dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia e axudarlles a facer fronte aos efectos da pandemia.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou hoxe o concello de Fisterra, onde xunto co alcalde, José Marcote, a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, e o deputado José Manuel Pequeño participou nunha reunión coas traballadoras da área social e do servizo de axuda no fogar (SAF) do municipio para interesarse polo traballo que desenvolven e polas necesidades que detectan no seu labor diario e nas que a Deputación poida prestar a súa colaboración
González Formoso destacou que os SAF "son un servizo esencial para garantir a atención aos maiores e dependentes nos concellos máis pequenos" e explicou que o apoio da Deputación permite aos municipios da provincia contratar durante este ano a 180 profesionais especializados no eido social e financiar 368.548 horas de axuda de fogar, 77.000 máis que o ano pasado.
No caso das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte, a Deputación inviste este ano máis de 4 millóns de euros en reforzar os servizos sociais. Deles 2,4 millóns proceden do Fondo Social do Plan Único e 1,6 millóns do Programa de Servizos Sociais Comunitarios, que permiten a contratación de 35 profesionais e a prestación de case 75.000 horas de axuda no fogar.
Achega insuficiente da Xunta
"Con este programa, a Deputación quere estar preto da xente que máis o necesita e ofrecer á cidadanía contar uns servizos sociais profesionais e de calidade, independentemente do lugar onde vivan", afirmou Valentín González, que destacou que a achega da Deputación para financiar os servizos de axuda no fogar é de 12 euros/hora, moi superior aos 9,7 euros/hora que dispón a Xunta de Galicia que, a pesar de ter as competencias na área social, "mantén conxelada a súa achega desde 2016, o que ocasiona unha importante carga económica para os concellos, xa que non cubre nin a metade do prezo dun servizo que a día de hoxe costa arredor de 18 euros/hora, o que obriga aos concellos a asumir a outra metade", afirmou.
"Os profesionais que a Deputación axuda a contratar son os que buscan solucións aos problemas diarios das persoas máis desfavorecidas ou que atravesan situacións difíciles, os que atenden nas casas aos maiores e dependentes...", explicou González Formoso, que destacou que moitos municipios como Fisterra viron incrementada a carga de traballo do seus servizos sociais debido á crise provocada pola Covid-19.
O alcalde de Fisterra, José Marcote, explicou que o Concello de Fisterra asume directamente o Servizo de Axuda no Fogar, que presta servizo a preto de 50 persoas maiores e dependentes do municipio, e incidiu tamén na "importante carga económica" que supón para os concellos "un servizo cada vez más demandado debido ao envellecemento da poboación", polo que reclamou tamén da Xunta de Galicia un maior apoio para contribuír ao sostemento dun servizo fundamental para atender a maiores e dependentes.
O programa de Servizos Sociais Comunitarios da Deputación financia o 100% do salario das persoas contratadas como persoal administrativo (18.000 €/ano), persoal técnico A2 (22.000 €) e persoal técnico A1 (26.000 €). Tamén se inclúe un prezo de 12 euros/hora para financiar o persoal do servizo de axuda no fogar.
Estes profesionais atenden cada día a miles de cidadáns con problemas de índole social, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade.
PROGRAMA DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS
COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE
|
|
|
|
CONCELLO DE | CABANA DE BERGANTIÑOS | Exp. | 2021000002248 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 3.447,00 | 41.364,00 € |
TOTAL |
|
| 81.364,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | CAMARIÑAS | Exp. | 2021000003218 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
III | Persoal técnico A1 |
| 26.000,00 € |
III | Persoal técnico A1 |
| 26.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 2.000,00 | 24.000,00 € |
TOTAL |
|
| 94.000,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | CEE | Exp. | 2021000001974 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 1.440,00 | 17.280,00 € |
TOTAL |
|
| 35.280,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | CERCEDA | Exp. | 2021000003801 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 7.601,50 | 91.218,00 € |
TOTAL |
|
| 131.218,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | CORCUBIÓN | Exp. | 2021000001311 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 1.926,00 | 23.112,00 € |
TOTAL |
|
| 63.112,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | CORISTANCO | Exp. | 2021000005186 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
III | Persoal técnico A1 |
| 26.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 2.648,45 | 31.781,40 € |
TOTAL |
|
| 97.781,40 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | DUMBRÍA | Exp. | 2021000002892 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 3.541,35 | 42.496,20 € |
TOTAL |
|
| 82.496,20 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | FISTERRA | Exp. | 2021000004088 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
III | Persoal técnico A1 (80%) |
| 20.800,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 1.934,00 | 23.208,00 € |
TOTAL |
|
| 62.008,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO | DA LARACHA | Exp. | 2021000003515 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
IC | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 20.833,33 | 249.999,96 € |
TOTAL |
|
| 329.999,96 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | LAXE | Exp. | 2021000004282 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 1.486,00 | 17.832,00 € |
TOTAL |
|
| 57.832,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | MALPICA DE BERGANTIÑOS | Exp. | 2021000002585 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
III | Persoal técnico A1 |
| 26.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 12.796,00 | 153.552,00 € |
TOTAL |
|
| 219.552,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | MUXÍA | Exp. | 2021000001579 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 1.800,00 | 21.600,00 € |
TOTAL |
|
| 61.600,00 € |
|
|
|
|
|
|
|
|
CONCELLO DE | PONTECESO | Exp. | 2021000004070 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
III | Persoal técnico A1 |
| 26.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 2.139,00 | 25.668,00 € |
TOTAL |
|
| 69.668,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | VIMIANZO | Exp. | 2021000004291 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 8.000,00 | 96.000,00 € |
TOTAL |
|
| 154.000,00 € |
|
|
|
|
CONCELLO DE | ZAS | Exp. | 2021000002777 |
MÓDULO | Módulo subvencionado |
| Achega máxima |
I | Persoal administrativo grupo C1 ou C2 |
| 18.000,00 € |
II | Persoal técnico A2 |
| 22.000,00 € |
IV | Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas | 3.000,00 | 36.000,00 € |
TOTAL |
|
| 76.000,00 € |
TOTAL CONCELLOS | TOTAL CONTRATOS | TOTAL HORAS | TOTAL IMPORTE |
15 | 35 | 74.593,43 | 1.615.911,56 € |