Estás en:Novas

A Deputación celebra o 30 aniversario do seu Conservatorio de Danza cun ciclo que converterá á Coruña na capital nacional desta disciplina artística

O ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, asistiu hoxe no Teatro Colón á presentación do ciclo, que traerá á cidade a algunhas das principais figuras nacionais e internacionais da danza con motivo do 30 aniversario do Conservatorio da Deputación

Rodríguez Uribes lembrou que "el crecimiento presupuestario nos ha permitido incrementar la partida destinada al INAEM en un 34,5%" o que significa "algo más de 53 millones de euros" que, entre outras cousas, permitirán "iniciar la puesta en marcha del Centro Nacional de Difusión de la Danza"

O presidente Valentín González Formoso destaca a calidade técnica e artística dun centro que foi pioneiro en Galicia e que se rexe "polo principio que caracteriza toda a acción cultural da Deputación: facer a cultura accesible para todos e todas"

Bailarinas e bailaríns formados nestas tres décadas no centro coruñés enviaron os seus vídeos de felicitación desde distintos puntos de España, Europa e Estados Unidos, onde traballan como profesionais da danza

A Deputación celebra o 30 aniversario do seu Conservatorio de Danza cun ciclo que converterá á Coruña na capital nacional desta disciplina artística

A Deputación da Coruña deu inicio hoxe ao programa de actividades do ciclo co que pretende converter á Coruña na capital nacional da danza durante o ano 2021 traendo á cidade a algunhas das principais figuras da danza internacional con motivo do 30 aniversario do Conservatorio de Danza da institución provincial.

O Teatro Colón acolleu o acto de presentación do ciclo, que estivo presidido polo ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes; e no que tamén participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; ademais do director do Conservatorio, Luciano Gómez; e da promotora do ciclo, Carlota Ojea.

Durante o acto, ademais das actuacións do alumnado do Conservatorio, proxectouse unha peza audiovisual na que se repasan os 30 anos de historia do centro e no que bailarinas e bailaríns formados no centro coruñés enviaron os seus vídeos de felicitación desde distintos puntos de España, Europa e Estados Unidos, onde traballan como profesionais da danza.

Rodríguez Uribes aproveitou a ocasión para subliñar en que "el crecimiento presupuestario nos ha permitido incrementar la partida destinada al INAEM en un 34,5%. Son algo más de 53 millones de euros para las Artes Escénicas y la Música de España, tan necesarios en un complejo año de postpandemia" que, entre outras cousas, permitirán "además iniciar la puesta en marcha del Centro Nacional de Difusión de la Danza, ya definido y ya presupuestado para mejorar la producción, la exhibición y la difusión de la danza en España y en otros países".

Ademais, lembrou que "la cultura es un derecho de los ciudadanos, lo que exige que trabajemos en su acceso universal. Pero también lo es de los creadores, bailarines, bailarinas, y de los coreógrafos, por lo que tenemos que culminar el Estatuto del Artista".

Rematou a súa intervención incidindo en que "la cultura es también una industria, muy valiosa cualitativa y cuantitativamente, que crea empleo y riqueza colectiva. Y, por último, la cultura es valor. Sin cultura no hay libertad y no hay autonomía moral. La cultura nos ayuda a ser dueños de nuestro destino, a pensar con criterio propio. A ser, como diría Nelson Mandela, 'capitanes de nuestra alma'".

González Formoso agradeceu ao ministro "que fixese un oco na súa axenda para celebrar con nós este aniversario tan especial" e destacou a "gran ilusión e empeño" que a Deputación ten depositado nun evento "que nos próximos meses traerá a A Coruña a algunhas das principais estrelas nacionais e internacionais do mundo do baile e co que aspiramos a converter á cidade na capital nacional da danza durante o 2021".

O presidente provincial lembrou que conservatorio provincial "foi o primeiro centro que ofreceu unha formación regrada de danza en Galicia" e que desde 1990 "permitiu que as nosas nenas, nenos e mozos puidesen iniciarse na danza e formarse desde o nivel máis básico ata o máis profesional nesta disciplina artística sen ter que desprazarse a grandes cidades como Madrid ou Barcelona".

Tamén lembrou que, desde os seus inicios, o centro "réxese por un principio fundamental que caracteriza toda a acción cultural e formativa que desenvolve a Deputación da Coruña: fomentar a igualdade de oportunidades. Facer a cultura accesible para todos e todas, independentemente da súa condición social ou do seu lugar de residencia".

González Formoso destacou que as artes e a cultura en xeral "sacan o mellor de nós mesmos como individuos e como sociedade". "A cultura nos define, configura nosa identidade, pero ademais de ser un importante factor de cohesión social, a cultura é unha importante industria que xera miles de empregos e unha das nosas grandes fortalezas como país, un sector estratéxico para a proxección exterior de Galicia e de España", afirmou.

Neste sentido, agradeceu "o compromiso do Goberno de España para que, por primeira vez en moitos anos, unha crise tan fonda coma a que atravesamos debido á pandemia non teña como consecuencia recortes en Cultura e Educación, dúas áreas fundamentais para o benestar da cidadanía, a igualdade de oportunidades e a economía do noso país".

"A Coruña siempre ha sido una ciudad de danza", afirmou pola súa parte Inés Rey, que se amosou segura de que o ciclo 'A Mar en Danza' "nos reforzará en nuestro empeño por posicionar la danza de A Coruña en el mapa nacional e internacional" lembrando que "desde el Ayuntamiento de A Coruña hemos impulsado iniciativas encaminadas fundamentalmente al fomento de la danza contemporánea con el ciclo TRC Danza, creado en 2012 con una consolidada programación estable conformada por el Circuito Danza Escena, un programa del INAEM gestionado por la Red Española de Teatros y también por la Red Galega de Teatros y Auditorios"

Visita ao Conservatorio de Danza

Previamente ao acto inaugural do ciclo 'A Mar en Danza', José Manuel Rodríguez Uribes, acompañado de Valentín González Formoso e de Inés Rey, visitaron as instalacións do Conservatorio de Danza da Deputación na coruñesa rúa da Franxa.

Alí, o ministro puido coñecer de primeira man a historia e o funcionamento dun centro formativo polo que cada ano pasan arredor de 150 alumnos e alumnas e que supón unha longa e esixente formación técnica e artística de 10 anos de duración para, nalgúns casos, chegar ao máximo nivel e bailar, ensinar ou crear coreografías en prestixiosos ballets e compañías de baile en Birmingham, Oklahoma, Munich, Chicago ou Madrid.

Julio Boca ofrecerá por primeira vez dúas clases maxistrais

O primeiro persoeiro invitado ao ciclo "Mar en Danza", será a estrela arxentina do ballet clásico, Julio Bocca, que ofrecerá por primeira vez en España dúas clases maxistrais.

Será o 11 de maio cando Julio Bocca imparta a súa clase maxistral dirixida ao alumnado e ao profesorado do Conservatorio de Danza. Ao día seguinte, o 12 de maio, dará outra clase no Teatro Colón que será aberta ao público e, ao finalizar, terá lugar unha conferencia e coloquio baixo o título 'Un café con Julio Bocca'.

O seguinte encontro do ciclo será no mes de outubro, cando o bailarín vasco Igor Yebra ofrecerá unha dobre conferencia no Conservatorio e no Teatro Colón os días 6 e 7 de outubro, respectivamente.

Como broche de ouro ao ciclo, no mes de novembro presentarase no Teatro Colón o espectáculo 'Fordlandia' coa bailarina vasca Lucía Lacarra e o bailarín canadense Mathew Golding. Lucía Lacarra ofrecerá unha clase maxistral e unha conferencia sobre o espectáculo, que se presentará o 20 de novembro e ese día o alumnado do Conservatorio de Danza da Coruña poderá ver a preparación dos bailaríns antes da función.

Polo tanto, os estudantes e profesionais da danza terán a posibilidade de recibir as ensinanzas de mestres e mestras, bailaríns e bailarinas ou coreógrafos e coreógrafas de primeira liña mundial, sendo partícipes dos seus métodos de traballo e dos seus segredos para imprimir a súa personalidade artística no baile.

Páxinas suxeridas