Estás en:Novas

A Deputación colabora na difusión dos servizos da Asociación Española Contra el Cáncer nos concellos de Ferrolterra

Ana Lamas participou nunha reunión telemática coas directivas da AECC e concelleiros de servizos sociais da comarca 

A Deputación colabora na difusión dos servizos da Asociación Española Contra el Cáncer nos concellos de Ferrolterra

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, participou hoxe nunha reunión coa xerente e a traballadora social da Asociación Española Contra el Cáncer, Gema García Abril e Paula Romero, e cos técnicos, técnicas, concelleiros e concelleiras dos concellos da comarca de Ferrolterra.

Esta iniciativa nace do compromiso da área de servizos sociais provinciais de convocar reunións territoriais cos concellos para facerlles chegar o importante labor que realiza a Asociación Española Contra el Cáncer, dar a coñecer os numerosos servizos que prestan e as actividades que levan a cabo, tanto de concienciación como de información ou acompañamento, destacando os cursos para abandonar o hábito do tabaco.

Durante os vindeiros días, continuarán este tipo de encontros co persoal dos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela.

A Asociación Española Contra el Cáncer conta actualmente con catro sedes na provincia, situadas en Ferrol, A Coruña, Santiago e Ribeira, e ademais ten outras 39 delegacións locais que en total agrupan a 15.300 socios.

Páxinas suxeridas