A Deputación da Coruña apoia con preto de 3 millóns de euros a actividade de 215 entidades sociais da provincia
Valentín González Formoso visitou o complexo de Aspace en Sada, unha das entidades que conta co apoio da Deputación e que presta servizo a 115 persoas con parálise cerebral da comarca coruñesa
A Deputación financia mellora nas infraestruturas do centro e programas de rehabilitación, formación, estimulación e apoio e melloran a vida destas persoas
A xerente do centro, Sonia Ruíz, destaca o crecemento do centro nos últimos anos e afirma que "na Deputación atopamos sempre un aliado"

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe a sede da Asociación de Pais e Nais e Nenos con Parálise Cerebral (ASPACE) en Osedo (Sada).
Acompañado do presidente da entidade, Antolín Rodríguez, da xerente Sonia Ruiz e doutros membros da xunta directiva, visitaron o complexo ASPACE, que conta con máis de 3.500 metros cadrados nos que se sitúan un centro educativo, un centro de día e servizo de residencia, comedor e atención temperá que dan servizo a 115 usuarias e usuarios de numerosos concellos da área coruñesa.
González Formoso interesouse polo funcionamento dos distintos programas de rehabilitación, formación, estimulación e apoio que ASPACE ofrece ás persoas con parálise cerebral e as súas familias, moitos dos cales contan co apoio da Deputación da Coruña a través das liñas de subvencións para entidades sociais.
O presidente visitou tamén o comedor do centro de día, cuxas obras de mellora foron rematadas recentemente e contaron co apoio económico da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, que investiu 35.700 euros para renovar a estancia, o mobiliario e a iluminación e adecuala ás necesidades dos usuarios e usuarias do centro.
Así mesmo, agradeceu "o gran labor que realizan os profesionais de ASPACE, unha asociación pioneira no seu ámbito e toda unha unha referencia na atención integral ás persoas con parálise cerebral en Galicia".
Valentín González Formoso destacou que a Deputación da Coruña reforzou este ano todos os seus programas sociais "para facer fronte ás consecuencias da pandemia e non deixar a ninguén atrás na saída da crise".
Neste sentido, anunciou que os programas de apoio ás entidades sociais, que este ano contan cun orzamento global próximo aos 3 millóns de euros, "chegarán a 215 asociacións de toda a provincia que, como ASPACE, desenvolven un traballo fundamental no apoio e integración social dos colectivos máis vulnerables ou con necesidades especiais e contribúen a mellorar a vida diaria de miles de persoas".
Pola súa banda, a xerente de ASPACE, Sonia Ruíz, afirmou a que "na Deputación sempre atopamos un aliado" e agradeceu o apoio da institución provincial en temas de formación, terapias e investimentos necesarios para mellorar o centro. "Medramos moito nos últimos anos grazas a estes apoios", afirmou
"Quixemos mostrar ao presidente a utilidade das axudas que recibimos, como contribúen a mellorar a vida destas persoas e tamén pór sobre a mesa novas demandas e necesidades de futuro de ASPACE que nos permitan seguir mellorando en base a esta alianza que mantemos coa Deputación", afirmou a xerente de ASPACE.
3 millóns ao ano para apoiar ás entidades sociais da provincia
A Deputación da Coruña conta con catro liñas de apoio a entidades sociais: para o mantemento de centros, para programas e servizos de entidades no ámbito social, para apoiar programas sociosanitarios e para financiar os novos investimentos que as entidades precisen. Todas estas liñas, ás que se suman as específicas para a adquisición de vehículos de transporte adaptado, suman arredor de 3 millóns de euros anuais.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a primeira resolución provisional dunha destas liñas da área social: a destinada a mantemento de centros de servizos sociais, cun orzamento de 800.000 euros, que chegará a 44 entidades da provincia.
Centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa provincial con axudas que van dos 5.900 aos 29.500 euros.
Os beneficiarios deste programa son os seguintes:
BENEFICIARIOS | IMPORTE SUBVENCIÓN |
Beneficiario: A B C, S.COOP. Obxecto: EF-2 CENTROS DE ATENCIÓN Á INFANCIA. “MANTEMENTO DA ESCOLA INFANTIL ABC” | 12.000,00€ |
Beneficiario: A.M.I.C.O.S. DA BARBANZA Obxecto: ED-1. CENTROS RESIDENCIAIS. “SERVIZO RESIDENCIAL DE EMERXENCIA SOCIAL” | 14.500,00€ |
Beneficiario: ASOC ASISTENCIAL GALEGA DE SERVICIOS A DEPENDENCIA (AGASDEP) Obxecto: EP- 3 Centros de atención diúrna e/ou nocturna. “Centro de día FRAMA La Merced” | 17.000,00€ |
Beneficiario: ASOC.GALEGA PARA AXUDA ENFERMOS CON DEMENCIA TIPO ALZHEIMER Obxecto: EP-3 CENTRO DE ATENCIÓN DIÚRNA E/OU NOCTURNA - CENTRO DE DÍA ALZHEIMER RIBEIRA | 27.000,00€ |
Beneficiario: ASOCIACION AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL Obxecto: ED-6 Vivendas tuteladas. Vivenda con apoio, para a mellora da calidade de vida |
22.000,00€ |
Beneficiario: : ASOCIACIÓN ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL Obxecto: ED-4 CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL. ANDAINA PSM DODRO | 11.231,60€ |
Beneficiario: : ASOCIACIÓN CIUDADANA DE LUCHA CONTRA LA DROGA Obxecto: EOT-1 Unidades de día. “MANTEMENTO DA UNIDADE DE DÍA DE ATENCIÓN A DOENTES CON PATOLOXÍAS ADICTIVAS | 24.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN COMITÉ CIUDADANO ANTI-SIDA DE CORUÑA Obxecto: EOR-4 centro de atención social continuada. “CENTRO DE ATENCIÓN SOCIAL CONTINUADO (PUNTO DE CALOR)” | 27.000,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL A CORUÑA ADACECO Obxecto: ED-2: CENTROS DE DÍA. “CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DANO CEREBRAL ADQUIRIDO | 22.000.000€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER Obxecto: EP-3 CENTROS DE ATENCIÓN DIÚRNA E/OU NOCTURNA. “CENTRO TERAPÉUTICO SAN DIEGO | 22.000,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN DIGNIDAD-GALICIA Obxecto: EF-1 Centro de menores “CASA FAMILIA BREOGÁN “ | 14.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN EX-ALCOHOLICOS DE FERROLTERRA Obxecto: EOT-5. Centros especializados en tratamento do alcoholismo. Programa asistencial nos trastornos aditivos | 29.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN FERROLÁ DE DROGODEPENDENCIAS ASFEDRO Obxecto: EOT-1 UNIDADES DE DÍA. PROGRAMA SEMIRRESIDENCIAL | 19.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO Obxecto: ED-3-Centros ocupacionais. CENTRO DIÚRNO OCUPACIONAL NTRA. SRA. DE CHAMORRO. XESTIÓN ADMINISTRATIVA | 19.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN PAIS DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS DE BERGANTIÑOS Obxecto: ED-4 Centros ocupacionais. “CENTRO OCUPACIONAL ASPABER” | 19.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN PARA LA INCLUSIÓN DE PERSONAS CON DIVERSIDAD FUNCIONAL Obxecto: ED-3. Centros ocupacionais. ”MANTEMENTO CENTRO OCUPACIONAL ARTEFÍOS” | 9.600,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN PRO MINUSVÁLIDOS DE ORTEGAL Obxecto: ED-3 Centros ocupacionais. “Centro Ocupacional Aspromor” | 22.000,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN PRO SALUD MENTAL A CREBA Obxecto: ED-4 CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL. “A CREBA” | 19.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN PRO-ENFERMOS MENTALES LA CORUÑA Obxecto: ED-4 Centros de rehabilitación psicosocial e laboral. “CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL OS CHOPOS” | 17.000,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE PENSIONISTAS Y JUBILADOS (UDP) LA CORUÑA Obxecto: EP-1 RESIDENCIAS. Complexo Xerontolóxico La Milagrosa | 17.000,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DE LA CORUÑA Obxecto: ED-6 VIVENDAS TUTELADAS. “VIVENDA TUTELADA E VIDA ADULTA E INDEPENDENTE” | 19.500,00€ |
Beneficiario: ASOCIACIÓN SOCIO-EDUCATIVA O PARQUE Obxecto: EF2- Centros de Atención á infancia - “Escola Infantil O Parque” | 20.000,00€ |
Beneficiario: ASOC.INTEGRO P/DIVERSIDAD FUNCIONAL COMARCA BERGANTIÑOS, T. SONEIRA E FISTERRA Obxecto: ED-2 Centros de día. CENTRO DE DIA INTEGRO | 28.500,00€ |
Beneficiario: ASOC.NAIS E PAIS PERSOAS C/DISCAP.INTELECT.COM.DO SAR-AMIPA Obxecto: ED-3 Centros ocupacionais. CENTRO OCUPACIONAL “AMIPA” 2021 | 19.975,00€ |
Beneficiario: ASOC.PADRES Y AMIG.DEF.MENTALES ESCUELA REGOA Obxecto: ED-1 CENTROS RESIDENCIAIS- “RESIDENCIA APADER” | 18.201,63€ |
Beneficiario: BETANIA DE JESUS NAZARENO Obxecto: EOR-2 Centros de acollida e inclusión. “PROGRAMA ACOMPÁÑAME” | 5.876,88€ |
Beneficiario: CARITAS DIOCESANA MONDOÑEDO FERROL Obxecto: EOR-5 CENTROS DE DÍA DE INCLUSIÓN SOCIAL. “CENTRO DE DÍA DE INCLUSIÓN SOCIAL PARA PERSOAS SEN FOGAR “GABRIEL VÁZQUEZ SEIJAS” | 27.000,00€ |
Beneficiario: CENTRO CULTURAL JUAN XXIII DE SANTIAGO Obxecto: EOR- 1 Albergues. “ALBERGUE JUAN XXIII” | 22.000,00€ |
Beneficiario: COCINA ECONÓMICA DE LA CORUÑA Obxecto: EOR-4 Comedores Sociais. “COCINA ECONÓMICA DE LA CORUÑA” | 19.500,00€ |
Beneficiario: COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO Obxecto: EOR-3 Comedores sociais. “Asesoramento, formación e acompañamento as persoas usuarias da Cocina Económica de Santiago” | 19.500,00€ |
Beneficiario: COLEGIO JORGE JUAN PERLÍO COOP R. LTDA Obxecto: EF-2 Centros de atención á infancia. “ESCOLA INFANTIL JORGE JUAN PERLÍO” | 7.052,50€ |
Beneficiario: DIMAFA SOCIEDAD COOPERATIVA GALEGA Obxecto: EF-2 Centros de atención á infancia. Escola Infantil Fany (DIMAFA S. C. G.) | 12.000,00€ |
Beneficiario: ESCOLA INFANTIL CHIP-CHOP S.COOP.GALEGA Obxecto: EF-2 Centro de atención á infancia”. “MANTEMENTO DO CENTRO- ESCOLA INFANTIL CHIP-CHOP S.COOP.GALEGA” | 12.000,00€ |
Beneficiario: ESCUELAS POPULARES GRATUITAS GUARDERIA INFANTIL DE LA CORUÑA Obxecto: EF-2 Centros de atención á Infancia- “ESCUELAS POPULARES GRATUITAS-GUARDERÍA INFANTIL DE LA CORUÑA” | 17.000,00€ |
Beneficiario: FUNDACIÓN ADCOR Obxecto: EP-1 RESIDENCIAS. RESIDENCIAS. “PROGRAMA DE RELACIÓNS E EMOCIÓNS PERSOAS MAIORES” | 13.462,80€ |
Beneficiario: FUNDACIÓN HOGAR DE SANTA LUCIA Obxecto: EOR-2 Centros de acollida e inclusión. “HOGAR SANTA LUCIA” | 27.000,00€ |
Beneficiario: FUNDACIÓN P/PROTECCIÓN DOS DISCAPACITADOS PSÍQUICOS COMARCA DE BARCALA Obxecto: ED-3 CENTROS OCUPACIONAIS. “CENTRO OCUPACIONAL COMARCAL DE NEGREIRA” | 12.000,00€ |
Beneficiario: FUNDACIÓN RAIOLA Obxecto: EP-5.VIVENDAS COMUNITARIAS. VIVENDA COMUNITARIA SAN JOSE | 12.000,00€ |
Beneficiario: HOGAR DE SOR EUSEBIA Obxecto: EOR-3 Centros de acollida e inclusión. “CENTRO DE ACOLLIDA E INCLUSIÓN SOCIAL HOGAR DE SOR EUSEBIA” | 14.400,00€ |
Beneficiario: OS MENIÑOS SOCIEDADE COOP GALEGA Obxecto: EF-2 Centros de atención á infancia. Escola Infantil “ OS MENIÑOS” | 12.000,00€ |
Beneficiario: REAL INSTITUCIÓN BENÉFICO SOCIAL PADRE RUBINOS Obxecto: EOR-2.ALBERGUES. MANTEMENTO DO ALBERGUE PADRE RUBINOS | 17.104,02€ |
Beneficiario: RESIDENCIA GARCIA HMNOS.BETANZOS HERMANITAS ANCIANOS DESAMPARADOS Obxecto: EP-1 RESIDENCIAS. “RESIDENCIA GARCIA HMNOS.” | 14.500,00€ |
Beneficiario: RESID.NTRA.SRA.VIRTUDES EN PONTEDEUME HMNTAS.ANC.DESAMP.PROV. RELIGIOSA Obxecto: EP-1 Residencias. “Residencia Nuestra Señora de las Virtudes” | 14.500,00€ |
Beneficiario: SANTO HOSPITAL DE CARIDAD Obxecto: EOR-2 ALBERGUES “ REFUXIO PARDO DE ATÍN” PARA PERSOAS SEN FOGAR QUE PRECISEN DUN LUGAR PARA DORMIR DE MANEIRA TEMPORAL | 19.500,00€ |