Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia con preto de 3 millóns de euros a actividade de 215 entidades sociais da provincia

Valentín González Formoso visitou o complexo de Aspace en Sada, unha das entidades que conta co apoio da Deputación e que presta servizo a 115 persoas con parálise cerebral da comarca coruñesa

A Deputación financia mellora nas infraestruturas do centro e programas de rehabilitación, formación, estimulación e apoio e melloran a vida destas persoas

A xerente do centro, Sonia Ruíz, destaca o crecemento do centro nos últimos anos e afirma que "na Deputación atopamos sempre un aliado"

A Deputación da Coruña apoia con preto de 3 millóns de euros a actividade de 215 entidades sociais da provincia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe a sede da Asociación de Pais e Nais e Nenos con Parálise Cerebral (ASPACE) en Osedo (Sada).

Acompañado do presidente da entidade, Antolín Rodríguez, da xerente Sonia Ruiz e doutros membros da xunta directiva, visitaron o complexo ASPACE, que conta con máis de 3.500 metros cadrados nos que se sitúan un centro educativo, un centro de día e servizo de residencia, comedor e atención temperá que dan servizo a 115 usuarias e usuarios de numerosos concellos da área coruñesa.

González Formoso interesouse polo funcionamento dos distintos programas de rehabilitación, formación, estimulación e apoio que ASPACE ofrece ás persoas con parálise cerebral e as súas familias, moitos dos cales contan co apoio da Deputación da Coruña a través das liñas de subvencións para entidades sociais.

O presidente visitou tamén o comedor do centro de día, cuxas obras de mellora foron rematadas recentemente e contaron co apoio económico da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, que investiu 35.700 euros para renovar a estancia, o mobiliario e a iluminación e adecuala ás necesidades dos usuarios e usuarias do centro.

Así mesmo, agradeceu "o gran labor que realizan os profesionais de ASPACE, unha asociación pioneira no seu ámbito e toda unha unha referencia na atención integral ás persoas con parálise cerebral en Galicia".

Valentín González Formoso destacou que a Deputación da Coruña reforzou este ano todos os seus programas sociais "para facer fronte ás consecuencias da pandemia e non deixar a ninguén atrás na saída da crise".

Neste sentido, anunciou que os programas de apoio ás entidades sociais, que este ano contan cun orzamento global próximo aos 3 millóns de euros, "chegarán a 215 asociacións de toda a provincia que, como ASPACE, desenvolven un traballo fundamental no apoio e integración social dos colectivos máis vulnerables ou con necesidades especiais e contribúen a mellorar a vida diaria de miles de persoas".

Pola súa banda, a xerente de ASPACE, Sonia Ruíz, afirmou a que "na Deputación sempre atopamos un aliado" e agradeceu o apoio da institución provincial en temas de formación, terapias e investimentos necesarios para mellorar o centro. "Medramos moito nos últimos anos grazas a estes apoios", afirmou

"Quixemos mostrar ao presidente a utilidade das axudas que recibimos, como contribúen a mellorar a vida destas persoas e tamén pór sobre a mesa novas demandas e necesidades de futuro de ASPACE que nos permitan seguir mellorando en base a esta alianza que mantemos coa Deputación", afirmou a xerente de ASPACE.

3 millóns ao ano para apoiar ás entidades sociais da provincia

A Deputación da Coruña conta con catro liñas de apoio a entidades sociais: para o mantemento de centros, para programas e servizos de entidades no ámbito social, para apoiar programas sociosanitarios e para financiar os novos investimentos que as entidades precisen. Todas estas liñas, ás que se suman as específicas para a adquisición de vehículos de transporte adaptado, suman arredor de 3 millóns de euros anuais.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a primeira resolución provisional dunha destas liñas da área social: a destinada a mantemento de centros de servizos sociais, cun orzamento de 800.000 euros, que chegará a 44 entidades da provincia.

Centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa provincial con axudas que van dos 5.900 aos 29.500 euros.

Os beneficiarios deste programa son os seguintes:

BENEFICIARIOS

IMPORTE SUBVENCIÓN

Beneficiario: A B C, S.COOP.

Obxecto: EF-2 CENTROS DE ATENCIÓN Á INFANCIA. “MANTEMENTO DA ESCOLA INFANTIL ABC”

12.000,00€

Beneficiario: A.M.I.C.O.S. DA BARBANZA

Obxecto: ED-1. CENTROS RESIDENCIAIS. “SERVIZO RESIDENCIAL DE EMERXENCIA SOCIAL”

14.500,00€

Beneficiario: ASOC ASISTENCIAL GALEGA DE SERVICIOS A DEPENDENCIA (AGASDEP)

Obxecto: EP- 3 Centros de atención diúrna e/ou nocturna. “Centro de día FRAMA La Merced”

17.000,00€

Beneficiario: ASOC.GALEGA PARA AXUDA ENFERMOS CON DEMENCIA TIPO ALZHEIMER

Obxecto: EP-3 CENTRO DE ATENCIÓN DIÚRNA E/OU NOCTURNA - CENTRO DE DÍA ALZHEIMER RIBEIRA

27.000,00€

Beneficiario: ASOCIACION AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Obxecto: ED-6 Vivendas tuteladas. Vivenda con apoio, para a mellora da calidade de vida

 

22.000,00€

Beneficiario: : ASOCIACIÓN ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

Obxecto: ED-4 CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL. ANDAINA PSM DODRO

11.231,60€

Beneficiario: : ASOCIACIÓN CIUDADANA DE LUCHA CONTRA LA DROGA

Obxecto: EOT-1 Unidades de día. “MANTEMENTO DA UNIDADE DE DÍA DE ATENCIÓN A DOENTES CON PATOLOXÍAS ADICTIVAS

24.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN COMITÉ CIUDADANO ANTI-SIDA DE CORUÑA

Obxecto: EOR-4 centro de atención social continuada. “CENTRO DE ATENCIÓN SOCIAL CONTINUADO (PUNTO DE CALOR)”

27.000,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL A CORUÑA ADACECO

Obxecto: ED-2: CENTROS DE DÍA. “CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS CON DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

22.000.000€

Beneficiario: ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER

Obxecto: EP-3 CENTROS DE ATENCIÓN DIÚRNA E/OU NOCTURNA. “CENTRO TERAPÉUTICO SAN DIEGO

22.000,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN DIGNIDAD-GALICIA

Obxecto: EF-1 Centro de menores “CASA FAMILIA BREOGÁN “

14.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN EX-ALCOHOLICOS DE FERROLTERRA

Obxecto: EOT-5. Centros especializados en tratamento do alcoholismo. Programa asistencial nos trastornos aditivos

29.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN FERROLÁ DE DROGODEPENDENCIAS ASFEDRO

Obxecto: EOT-1 UNIDADES DE DÍA. PROGRAMA SEMIRRESIDENCIAL

19.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO

Obxecto: ED-3-Centros ocupacionais. CENTRO DIÚRNO OCUPACIONAL NTRA. SRA. DE CHAMORRO. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

19.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN PAIS DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS DE BERGANTIÑOS

Obxecto: ED-4 Centros ocupacionais. “CENTRO OCUPACIONAL ASPABER”

19.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN PARA LA INCLUSIÓN DE PERSONAS CON DIVERSIDAD FUNCIONAL

Obxecto: ED-3. Centros ocupacionais. ”MANTEMENTO CENTRO OCUPACIONAL ARTEFÍOS”

9.600,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN PRO MINUSVÁLIDOS DE ORTEGAL

Obxecto: ED-3 Centros ocupacionais. “Centro Ocupacional Aspromor”

22.000,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN PRO SALUD MENTAL A CREBA

Obxecto: ED-4 CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL. “A CREBA”

19.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN PRO-ENFERMOS MENTALES LA CORUÑA

Obxecto: ED-4 Centros de rehabilitación psicosocial e laboral. “CENTRO DE REHABILITACIÓN

PSICOSOCIAL E LABORAL OS CHOPOS”

17.000,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE PENSIONISTAS Y JUBILADOS (UDP) LA CORUÑA

Obxecto: EP-1 RESIDENCIAS. Complexo Xerontolóxico La Milagrosa

17.000,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DE LA CORUÑA

Obxecto: ED-6 VIVENDAS TUTELADAS. “VIVENDA TUTELADA E VIDA ADULTA E INDEPENDENTE”

19.500,00€

Beneficiario: ASOCIACIÓN SOCIO-EDUCATIVA O PARQUE

Obxecto: EF2- Centros de Atención á infancia - “Escola Infantil O Parque”

20.000,00€

Beneficiario: ASOC.INTEGRO P/DIVERSIDAD FUNCIONAL COMARCA BERGANTIÑOS, T. SONEIRA E FISTERRA

Obxecto: ED-2 Centros de día. CENTRO DE DIA INTEGRO

28.500,00€

Beneficiario: ASOC.NAIS E PAIS PERSOAS C/DISCAP.INTELECT.COM.DO SAR-AMIPA

Obxecto: ED-3 Centros ocupacionais. CENTRO OCUPACIONAL “AMIPA” 2021

19.975,00€

Beneficiario: ASOC.PADRES Y AMIG.DEF.MENTALES ESCUELA REGOA

Obxecto: ED-1 CENTROS RESIDENCIAIS- “RESIDENCIA APADER”

18.201,63€

Beneficiario: BETANIA DE JESUS NAZARENO

Obxecto: EOR-2 Centros de acollida e inclusión. “PROGRAMA ACOMPÁÑAME”

5.876,88€

Beneficiario: CARITAS DIOCESANA MONDOÑEDO FERROL

Obxecto: EOR-5 CENTROS DE DÍA DE INCLUSIÓN SOCIAL. “CENTRO DE DÍA DE INCLUSIÓN SOCIAL PARA PERSOAS SEN FOGAR “GABRIEL VÁZQUEZ SEIJAS”

27.000,00€

Beneficiario: CENTRO CULTURAL JUAN XXIII DE SANTIAGO

Obxecto: EOR- 1 Albergues. “ALBERGUE JUAN XXIII”

22.000,00€

Beneficiario: COCINA ECONÓMICA DE LA CORUÑA

Obxecto: EOR-4 Comedores Sociais. “COCINA ECONÓMICA DE LA CORUÑA”

19.500,00€

Beneficiario: COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO

Obxecto: EOR-3 Comedores sociais. “Asesoramento, formación e acompañamento as persoas usuarias da Cocina Económica de Santiago”

19.500,00€

Beneficiario: COLEGIO JORGE JUAN PERLÍO COOP R. LTDA

Obxecto: EF-2 Centros de atención á infancia. “ESCOLA INFANTIL JORGE JUAN PERLÍO”

7.052,50€

Beneficiario: DIMAFA SOCIEDAD COOPERATIVA GALEGA

Obxecto: EF-2 Centros de atención á infancia. Escola Infantil Fany (DIMAFA S. C. G.)

12.000,00€

Beneficiario: ESCOLA INFANTIL CHIP-CHOP S.COOP.GALEGA

Obxecto: EF-2 Centro de atención á infancia”. “MANTEMENTO DO CENTRO- ESCOLA INFANTIL

CHIP-CHOP S.COOP.GALEGA”

12.000,00€

Beneficiario: ESCUELAS POPULARES GRATUITAS GUARDERIA INFANTIL DE LA CORUÑA

Obxecto: EF-2 Centros de atención á Infancia- “ESCUELAS POPULARES GRATUITAS-GUARDERÍA INFANTIL DE LA CORUÑA”

17.000,00€

Beneficiario: FUNDACIÓN ADCOR

Obxecto: EP-1 RESIDENCIAS. RESIDENCIAS. “PROGRAMA DE RELACIÓNS E EMOCIÓNS PERSOAS MAIORES”

13.462,80€

Beneficiario: FUNDACIÓN HOGAR DE SANTA LUCIA

Obxecto: EOR-2 Centros de acollida e inclusión. “HOGAR SANTA LUCIA”

27.000,00€

Beneficiario: FUNDACIÓN P/PROTECCIÓN DOS DISCAPACITADOS PSÍQUICOS COMARCA DE BARCALA

Obxecto: ED-3 CENTROS OCUPACIONAIS. “CENTRO OCUPACIONAL COMARCAL DE NEGREIRA”

12.000,00€

Beneficiario: FUNDACIÓN RAIOLA

Obxecto: EP-5.VIVENDAS COMUNITARIAS. VIVENDA COMUNITARIA SAN JOSE

12.000,00€

Beneficiario: HOGAR DE SOR EUSEBIA

Obxecto: EOR-3 Centros de acollida e inclusión. “CENTRO DE ACOLLIDA E INCLUSIÓN SOCIAL HOGAR DE SOR EUSEBIA”

14.400,00€

Beneficiario: OS MENIÑOS SOCIEDADE COOP GALEGA

Obxecto: EF-2 Centros de atención á infancia. Escola Infantil “ OS MENIÑOS”

12.000,00€

Beneficiario: REAL INSTITUCIÓN BENÉFICO SOCIAL PADRE RUBINOS

Obxecto: EOR-2.ALBERGUES. MANTEMENTO DO ALBERGUE PADRE RUBINOS

17.104,02€

Beneficiario: RESIDENCIA GARCIA HMNOS.BETANZOS HERMANITAS ANCIANOS DESAMPARADOS

Obxecto: EP-1 RESIDENCIAS. “RESIDENCIA GARCIA HMNOS.”

14.500,00€

Beneficiario: RESID.NTRA.SRA.VIRTUDES EN PONTEDEUME HMNTAS.ANC.DESAMP.PROV.

RELIGIOSA

Obxecto: EP-1 Residencias. “Residencia Nuestra Señora de las Virtudes”

14.500,00€

Beneficiario: SANTO HOSPITAL DE CARIDAD

Obxecto: EOR-2 ALBERGUES “ REFUXIO PARDO DE ATÍN” PARA PERSOAS SEN FOGAR QUE PRECISEN DUN LUGAR PARA DORMIR DE MANEIRA TEMPORAL

19.500,00€

Páxinas suxeridas