Estás en:Novas

A Deputación da Coruña paga en cinco días máis de 600 axudas do programa REACTIVA2 para a hostalaría

Na primeira semana distribuíronse máis de 900.000 euros en axudas directas de 1.500 euros para pequenos negocios de hostalaría e axencias de viaxe, dous dos sectores máis afectados pola pandemia

Os pagos realízanse nun tempo récord de entre 7 horas e 3,5 días

O prazo de presentación de solicitudes abriuse o pasado luns, 3 de maio, e xa se rexistraron máis de 1.000 solicitudes, das que 613 foron pagadas ou están en trámite de pago

A Deputación destina 9 millóns de euros de fondos propios a sufragar as axudas de PEL-Reactiva Hostalería

A Deputación da Coruña paga en cinco días máis de 600 axudas do programa REACTIVA2 para a hostalaría

O pasado luns, 3 de maio, a Deputación da Coruña abriu o prazo de presentación de solicitudes para as axudas do programa PEL-Reactiva 2, un plan específico creado polo Goberno provincial para apoiar á hostalería e axencias de viaxes, que están entre os sectores máis afectados pola pandemia.

Só cinco días despois da apertura do prazo, superáronse as 1.000 solicitudes, das cales o 100% foron revisadas pola unidade xestora e 613 foron xa pagadas ou atópase en trámite de pago, o que supón unha contía de máis de 919.000 euros en axudas xa aboadas,.

Estas subvencións, consistentes en axudas directas por importe de 1.500 euros, están dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas con domicilio fiscal nun concello da provincia de menos de 50.000 habitantes que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera das epígrafes relativas a bares e restaurantes (agrupacións do IAE 67), hospedaxe (epígrafe 68), axencias de viaxe (epígrafe 755) e salas de festa e discotecas (epígrafe 969.1).

Ante a situación excepcional na que nos atopamos, desde a Deputación considerouse necesaria unha actuación máis concreta e rápida para estar ao carón de dous sectores especialmente golpeados por esta crise, como son a hostalería e as axencias de viaxes, que están a sufrir como ningún outro as consecuencias devastadoras da pandemia e que están formados en máis dun 90% por pequenos autónomos e microempresas.

"O noso obxectivo foi crear un sistema o máis áxil e eficaz posible, simplificando ao máximo a presentación de solicitudes e a tramitación administrativa e xestionado todo o proceso directamente desde a propia Deputación", explicou o presidente Valentín González Formoso, que explicou que as estimacións do Goberno provincial son que as axudas, cun orzamento total de 9 millóns de euros, poderán chegar a uns 6.000 pequenos negocios da provincia.

O tempo medio de pago das axudas está a supoñer un fito histórico para a administración provincial, xa que por primeira vez estanse pagando subvencións no mesmo día en que se solicitan, sendo o tempo mínimo de 7 horas e o máximo de 3,5 días. Esta axilidade na tramitación supón "un punto de inflexión para adaptarnos ás demandas do sector", explicou o presidente da Deputación .

BERGANTIÑOS- COSTA DA MORTE

Durante os primeiros 5 días de apertura de prazo de PEL-Reactiva Hostalería, un total de 224 empresas da comarca de Bergantiños presentaron a súa solicitude, das cales 162 recibiron xa resolución de pagamento, o que supón que 243.000 euros foron xa distribuídos entre empresas da contorna.

BARBANZA

Durante os primeiros 5 días de apertura de prazo de PEL-Reactiva Hostalería, un total de 151 empresas da comarca de Barbanza presentaron a súa solicitude, das cales 102 recibiron xa resolución de pagamento, o que supón que 153.000 euros foron xa distribuídos entre empresas da contorna.

A CORUÑA

Durante os primeiros 5 días de apertura de prazo de PEL-Reactiva Hostalería, un total de 177 empresas da comarca de Coruña presentaron a súa solicitude, das cales 85 recibiron xa resolución de pagamento, o que supón que 127.500 euros foron xa distribuídos entre empresas da contorna.

FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

Durante os primeiros 5 días de apertura de prazo de PEL-Reactiva Hostalería, un total de 185 empresas da comarca de Ferrol presentaron a súa solicitude, das cales 122 recibiron xa resolución de pagamento, o que supón que 183.000 euros foron xa distribuídos entre empresas da contorna.

SANTIAGO

Durante os primeiros 5 días de apertura de prazo de PEL-Reactiva Hostalería, un total de 218 empresas da comarca de Santiago presentaron a súa solicitude, das cales 142 recibiron xa resolución de pagamento, o que supón que 213.000 euros foron xa distribuídos entre empresas da contorna.

A presentación de solicitudes permanece aberta e realízase de xeito integramente telemático a través da plataforma SUBTeL (https://sede.dacoruna.gal/subtel/ ).

Pódese atopar máis información sobre esta liña de axudas na páxina web do Plan de Emprego Local:https://pel.gal/

Páxinas suxeridas