Estás en:Novas

A Deputación alíase co Monbus Obradoiro para promocionar a provincia como destino turístico

Valentín González Formoso visitou no Multiusos Fontes do Sar de Santiago ao equipo, ao que felicitou pola súa permanencia na Liga Endesa de baloncesto

A campaña turística 'Unha provincia por descubrir' loce nas camisetas dos xogadores e nas pantallas do Fontes do Sar

A Deputación alíase co Monbus Obradoiro para promocionar a provincia como destino turístico

González Formoso felicitou aos xogadores e o equipo directivo pola permanencia do club na élite do baloncesto español

Valentín González Formoso, visitou hoxe no Multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela ao Monbus Obradoiro, club de baloncesto co que a Deputación da Coruña se aliou para promocionar a provincia como destino turístico.

González Formoso, que foi recibido polo presidente do club, Raúl López, estivo tamén acompañado polo director xeral do club e polos deputados Antonio Leira e Cristina Capelán, responsable da área de Deportes da institución provincial.

O presidente da Deputación da Coruña quixo felicitar persoalmente aos integrantes do equipo "por certificar a súa permanencia, un ano máis, e xa van dez, na Liga Endesa" o que cualificou como "un gran logro que debemos recoñecer e valorar".

"Entre todos temos a obriga de soster un proxecto que é patrimonio de toda Galicia", destacou o presidente provincial sobre a colaboración establecida esta temporada entre a Deputación e o Monbus Obradoiro para promocionar a provincia por todo o país a través da campaña turística 'Unha provincia por descubrir' que loce nas camisetas dos xogadores e tamén nas pantallas do pavillón.

O presidente do Obradoiro, Raúl López, quixo agradecer "el apoyo de la Deputación" que se concretou nun ano no que o club celebra o seu cincuenta aniversario e resaltou a importancia de ter certificada a permanencia en la ACB para "una ciudad como es Santiago, de 100.000 habitantes, y por eso necesitamos el apoyo provincial".

Páxinas suxeridas