Estás en:Novas

A Deputación financia con 135.842 euros as obras de rehabilitación da Casa Aurora, nas Somozas

Co proxecto levarase a cabo a reparación da cuberta de lousa, acondicionaranse as fachadas e renovaranse as carpintarías exteriores para solucionar as filtracións de auga e frear o deterioro deste edificio indiano, que acolleu unha escola unitaria

As obras están en fase de licitación ata o 30 de maio

A Deputación financia con 135.842 euros as obras de rehabilitación da Casa Aurora, nas Somozas

O Plan Único da Deputación da Coruña financia a rehabilitación integral do local social da Casa Aurora, no concello das Somozas. O proxecto, cun presuposto de 135.842 euros, está en fase de licitación.

A Casa Aurora é un edificio de tipoloxía indiana, que acollía antigamente unha escola unitaria. As súas fachadas de pedra, a estrutura interior de forxados de madeira e a cuberta de lousa presentan hoxe importantes deficiencias que provocan a filtración de auga e o deterioro dos acabados interiores.

Co obxectivo de solucionar a situación, a Deputación e o Concello unen esforzos para rehabilitar a construción. Así pois, entre as tarefas que se han realizar, repararase a cuberta de lousa, substituíndo as pezas necesarias e repasando a súa impermeabilización co obxectivo de evitar filtracións. Tamén se colocarán caleiros e baixantes de cobre, mantendo, iso si, as características da cuberta existente na actualidade.

As fachadas lavaranse para retirar o revestimento existente e poder actuar sobre elas. As carpintarías exteriores demoleranse e colocaranse no seu lugar unhas idénticas en madeira de carballo, con vidro dobre illante e contraventás da mesma madeira co obxectivo de preservar o aspecto inicial da construción.

Páxinas suxeridas