Estás en:Novas

González Formoso afirma que a Reserva da Biosfera das Mariñas-Terras do Mandeo supón “un espazo de oportunidades para o desenvolvemento socioeconómico” da zona

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director do CEIDA, Carlos Vales, inauguraron esta mañá, no Castelo de Santa Cruz de Oleiros, unha xornada sobre o potencial turístico da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Na súa intervención, González Formoso destacou que España, con 48 espazos naturais declarados Reserva da Biosfera, é na actualidade o país do mundo que conta con maior número de lugares que teñen este recoñecemento por parte da Unesco, por diante dos Estados Unidos.

O presidente da Deputación sostivo que a única reserva da Biosfera existente na Coruña supón para esta provincia unha dobre oportunidade: a de ser "unha referencia no ámbito medioambiental" e a de "converterse nun espazo de oportunidades para o desenvolvemento económico da zona", grazas á promoción dos produtos agroalimentarios e a xeración de emprego no ámbito rural.

Neste sentido, destacou que o eido turístico, un sector que cada ano move máis de 6.000 millóns de euros (arredor do 11% do PIB galego) e xera 110.000 empregos na nosa comunidade, ten tamén unha importancia clave para contribuír ao despegue económico da comarca e a fixar poboación no ámbito rural "ante unha sangría que nos sitúa nos niveis demográficos dos anos 60", afirmou.
Formoso destacou "a forza enorme" do proxecto grazas ao seu "potencial agrícola" e á "motivación dos alcaldes" da zona para facer da Reserva da Biosfera algo máis que un referente medioambiental.
O director do CEIDA, Carlos Vales, agradeceu a colaboración da Deputación nos proxectos da Reserva da Biosfera e apuntou que "o sector turístico é un aliado para defender o noso patrimonio".
Ecosistemas como atractivo turístico
As xornadas foron clausuradas polo deputado responsable da área de Turismo da Deputación, Xosé Regueira, que defendeu a necesidade de ecosistemas ben conservados como atractivo para os destinos turísticos, en especial, no caso do turismo de natureza "que se basea no coñecemento, goce e contemplación da diversidade biolóxica".
O deputado avogou por reforzar as sinerxías positivas relacionadas coa conservación da biodiversidade e o turismo de natureza, tendo en conta a vantaxe competitiva que supón que a biodiversidade da Coruña, e en especial a da Reserva da Biosfera, sexa das máis relevantes da oferta galega.
Anunciou, neste sentido, a disposición da Deputación de colaborar no desenvolvemento turístico sustentable da Reserva da Biosfera e buscar tamén vías que simplifiquen e unifiquen marcas, modelos e criterios de xestión, buscando unha dinamización o máis participada e dinámica posible.

Páxinas suxeridas