Estás en:Novas

Cristina Capelán e Sandra González visitan o Club do Mar Noia, equipo que conta co apoio da Deputación

O ente provincial colabora coa entidade a través das súas subvencións deportivas, que lle permitiron adquirir unha barca a motor, varios remoergómetros e un remolque para o transporte de embarcacións.

"Desde a Deputación seguimos a traballar nas nosas axudas para ofrecer o maior apoio posible a clubs como este na mellora de infraestruturas e instalacións", sinalou Cristina Capelán

O remeiro noiés Caetano Horta estará nos Xogos Olímpicos de Tokio

Cristina Capelán e Sandra González visitan o Club do Mar Noia, equipo que conta co apoio da Deputación

A deputada de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, e deputada responsable da área de Educación, Sandra González, visitaron o Club do Mar Noia para coñecer de primeira man as súas instalacións e equipamento e atender áa súas necesidades.

A Deputación dá apoio ao equipo a través das súas liñas de subvencións ao deporte, que teñen como obxectivo seguir mellorando as infraestruturas do ámbito na provincia e promocionar a práctica da actividade física. En 2020 o Club do Mar Noia financiou a través do investimento provincial unha barca a motor, varios remoergómetros e un remolque para o transporte das embarcacións. Este ano a entidade solicitou a axuda para adquisición de novo material e tamén se inscribiu na liña para mercar vehículos, dirixida a equipos de remo e piragüismo.

No encontro, os representantes do club transmitíronlle ás deputadas a súa preocupación ao non contar a provincia cun lugar balizado permanente na que poder realizar tests. Tamén lle comunicaron que debido ao crecemento da entidade as instalacións das que goza na actualidade comezan a quedar pequenas para albergar todo o equipamento.

Capelán atendeu a estas demandas e informou  que "desde a Deputación seguimos a traballar nas nosas axudas para ofrecer o maior apoio posible a clubs como este para mellorar as infraestruturas e ofrecer unhas instalacións e equipamento axeitados para que as e aos deportistas poidan continuar coa súa progresión" sinalou.

O Club do Mar Noia conta na actualidade con 80 deportistas federadas e federados, entre eles unha persoa na modalidade adaptada ao estar en cadeira de rodas. O equipo conta con modalidade de remo olímpico, en banco e mar e con todas as categorías inferiores, contando cunha ampla participación da rapazada.

A deputada destacou que entre os novos e novas deportistas atópase o único representante que terá Galicia nas olimpíadas de Toquio na categoría de remo olímpico, Caetano Horta, que participará nun dobre skull.

Páxinas suxeridas