Estás en:Novas

A Deputación aposta polos deportistas e equipos da provincia e inviste 1 millón de euros para apoialos en competicións oficiais nacionais e internacionais

O BOP publica hoxe a concesión provisional das subvencións a 96 entidades deportivas

O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da participación en probas federadas nacionais e internacionais

As subvencións abarcan modalidades deportivas como tríatlon, hóckey, fútbol, ximnasia rítmica, atletismo, baloncesto, piragüismo ou fútbol sala

A Deputación aposta polos deportistas e equipos da provincia e inviste 1 millón de euros para apoialos en competicións oficiais nacionais e internacionais

FOTO (ARQUIVO): Visita da deputada de Deportes, Cristina Capelán, ao Club Halterofilia Coruña, unha das entidades que reciben a axuda da Deputación nesta convocatoria

A Deputación da Coruña aposta polos deportistas e clubs da provincia e destina 1 millón de euros para darlles apoio nas competicións federadas nacionais e internacionais.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a concesión provisional das subvencións a estas entidades sen ánimo de lucro para o 2021. O ente provincial achega provisionalmente 975.364,16 euros a un total de 96 clubs da provincia. No BOP recóllese ademais que hai dúas axudas concedidas provisionalmente condicionadas, que sumarían outros 70.918 euros á contía total.

O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da participación en competicións oficiais federadas. As subvencións oscilan entre un mínimo de 2.099 euros e un máximo de 86.029 euros e abarcan modalidades deportivas como tríatlon, hóckey, fútbol, rally, ximnasia rítmica, atletismo, baloncesto, piragüismo, fútbol sala, rugby, karate, halterofilia ou natación.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia deste programa "para seguir impulsando ás e aos nosos deportistas nas diferentes competicións federadas, colaborando no seu progreso deportivo e promocionando o deporte coruñés", sinalou.

Listaxe de axudas concedidas provisionalmente:

Beneficiarios

Importe subvencionado

Beneficiario: AGRUPACIÓN DEPORTIVA NÁUTICO NARÓN
Obxecto: Tríatlon 1.ª división - competición federada de ámbito nacional para o ano 2021

9.029,00 €

Beneficiario: ASOCIACIÓN O PASATEMPO
Obxecto: Subvención participación do club en competicións de carácter nacional no deporte de orientación en tódalas especialidades e categorías

3.989,00 €

Beneficiario: ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB
Obxecto: Competicións nacionais Hockey Sala e Herba

6.329,00 €

Beneficiario: ATLÉTICA A SILVA
Obxecto: Atletismo: Competicións oficiais federadas de ámbito nacional 2021

2.684,00 €

Beneficiario: ATLËTICO CORUÑA MONTAÑEROS, C.F.
Obxecto: Sufragar gastos derivados da participación do equipo na Liga Nacional Xuvenil durante o ano 2021.

6.329,00 €

Beneficiario: AUTOMOVIL CLUB AS PONTES
Obxecto: O obxecto da presente é a de apoiar ao piloto Iago Gabeiras a de participar no campionato Beca Rally TeamSpainJunior ( Bk RTS junior) organizado pola Real Federación Automóvil de España. xúntase dosier completo

6.294,60 €

Beneficiario: BERGANTIÑOS, F.C.
Obxecto: Participación en competición federada de ámbito nacional

9.029,00 €

Beneficiario: C. TRIATLÓN SANTIAGO
Obxecto: Licenzas, inscricións, desprazamentos, servizos e aloxamentos do Club Triatlón Santiago na Liga Nacional de Duatlón de primeira división masculina 2021

7.229,00 €

Beneficiario: CASINO SOCIEDADE DEPORTIVA ARZÚA
Obxecto: Dereitos de arbitraxe e mutualidade 3.ª División

9.029,00 €

Beneficiario: CLUB ACORDES PONTEDEUME
Obxecto: Ximnasia rítmica: competición nacional ano 2021

4.921,40 €

Beneficiario: CLUB ARTE E MOVEMENTO
Obxecto: Baile Deportivo Categoría Nacional: participación en Copas, Campeonatos de España e Probas do Ranking Nacional.

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB ASOCIACIÓN AA.AA.COLEGIO SANTO DOMINGO
Obxecto: Hóckey sobre patíns OK liga prata categoría absoluta

9.029,00 €

Beneficiario: CLUB ATLETISMO MILLA RAIO
Obxecto: Atletismo - competicións oficiais federadas de ámbito nacional ano 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB ATLETISMO NARÓN
Obxecto: Campionatos individuais e de Clubs de nivel Nacional

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB ATLETISMO O PINO
Obxecto: Subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional durante 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB ATLETISMO SADA
Obxecto: Participación en atletismo.Competición federada Nacional categoría inferior á división de honra

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB ATLETISMO SANTIAGO
Obxecto: Axuda para participar en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB BALONCESTO COSTA ÁRTABRA
Obxecto: Participación liga Eba de baloncesto

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB BALONCESTO CULLEREDO
Obxecto: Equipo de baloncesto Liga EBA Nacional 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB BEISBOL Y SOFBOL CAMBRE
Obxecto: Solicitude de subvencións para clubs deportivos da provincia, que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB BRIGANTIA AVENTURA
Obxecto: Participación nas ligas nacionais de MtB-O, O-pé, Raids de aventura, Campeonatos de España, tempada 2021

1.829,00 €

Beneficiario: CLUB CABANAS KDM
Obxecto: Asistencia a Regatas das Ligas Nacionales de PIRAGUISMO: Liga de Sprint Olímpico, Liga Nacional de Xovenes Promesas, Liga Nacional de Ríos e Maratón e Liga Nacional de Kayak de Mar. Categorías de Senior, Junior, Cadetes e Infantís. ( mais Veterans e

9.929,00 €

Beneficiario: CLUB CICLISTA CAMBRE
Obxecto: Outras modalidades deportivas e categorías con equipos ou deportistas que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional durante o ano 2021. Ciclismo: modalidade carretera; categoría junior

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB CICLISTA PADRONÉS
Obxecto: Participación en Competición Federada Nacional en 2021

10.829,00 €

Beneficiario: CLUB CIDADE DE NARÓN
Obxecto: Financiamento dos gastos derivados da participación do equipo sénior na Segunda División B do Fútbol Sala Nacional

13.529,00 €

Beneficiario: CLUB COMPAÑÍA DE MARÍA
Obxecto: Seguimento dos xogadores de hockey e a súa participación en competición federada de ámbito nacional 2021

9.029,00 €

Beneficiario: CLUB DE ARQUITECTURA TECNICA
Obxecto: RUGBY: División de honra -Licenzas e cotas de inscrición do equipo feminino

10.649,00 €

Beneficiario: CLUB DE PATINAJE COMPOSTELA
Obxecto: Patinaxe artística - Competición federada de ámbito nacional 2021

4.529,00 €

Beneficiario: CLUB DE PATINAXE CAMPUS STELLAE
Obxecto: Patinaxe Artística - Competición federada de ámbito nacional GRUPOS-SHOW 2021

3.629,00 €

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO ACORDES
Obxecto: Convocatoria do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2020

5.429,00 €

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO ALDEBARAN DE SAN SADURNIÑO
Obxecto: Voleibol - Participación na superliga 2 masculina

13.529,00 €

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO AVALON KAI
Obxecto: Participación de deportistas del club en la liga Iberdrola y los diferentes campeonatos nacionales organizados por la Real Federación Española de Karate en el año 2021.

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO CALASANZ
Obxecto: Fútbol _ División de honra xuvenil Grupo I

9.029,00 €

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO CONXO
Obxecto: Axuda para a participación do noso equipo xuvenil na categoría de división de honra

 

9.029,00 €

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO DUMBRIA
Obxecto: Piragüismo slalom actividade nacional 2021

4.781,00 €

Beneficiario: CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RÍTMICA COMPOSTELA
Obxecto: Sufragar os gastos de participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional durante o ano 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB ESCUDERÍA A.R.VIDAL RACING
Obxecto: Participación en campionatos de automobilismo a nivel nacional ano 2021

6.300,00 €

Beneficiario: CLUB ESCUDERÍA SCRATCH FENE
Obxecto: Tour European Rally

8.100,00 €

Beneficiario: CLUB GALLAECIA RAID
Obxecto: Axudas para nosos socios con equipos ou individualmente para participar en competición federada de ámbito nacional durante o ano 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB HALTEROFILIA CORUÑA
Obxecto: Adestramentos de alto nivel de halterofilia para campionatos nacionais, división de honra da liga nacional absoluta

11.729,00 €

Beneficiario: CLUB ITF NOIA
Obxecto: KICKBOXING - Participación en competición federadas de ámbito nacional 2021

3.607,40 €

Beneficiario: CLUB MARISTAS-LA CORUÑA
Obxecto: Baloncesto liga Feminina 2 ano 2021

27.029,00 €

Beneficiario: CLUB NATACIÓN ARTEIXO
Obxecto: Participación en competicións nacionais de categorías infantil, junior e absoluta ano 2021

4.169,00 €

Beneficiario: CLUB NATACIÓN CERCEDA
Obxecto: Campionatos nacionais ano 2021 de salvamento e socorrismo deportivo

2.099,00 €

Beneficiario: CLUB NATACIÓN CORUÑA
Obxecto: Participación en competicións nacionais de natación 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB NATACIÓN RIVEIRA
Obxecto: Participación do Club Natación Riveira en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB NÁUTICO PORTOSÍN
Obxecto: Participación do Real Club Náutico Portosín a nivel Internacional na modalidade de Vela Clase 49ER.

11.729,00 €

Beneficiario: CLUB NOIA FÚTBOL SALA
Obxecto: Subvención para gastos da actividade da 2.ª división do Fútbol sala nacional masculina

27.029,00 €

Beneficiario: CLUB O ESTEO FÚTBOL SALA
Obxecto: Competición federada de ámbito nacional, 2.ª División B O ESTEO F.S.

13.529,00 €

Beneficiario: CLUB OLÍMPICO DE VEDRA
Obxecto: Participación en campionatos de España individuais absolutos e por categorías non puntuables para as liga nacionais de clubes

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB PATIN AXEL ARTEIXO
Obxecto: Patinaxe - competición federada de ámbito nacional durante o ano 2021

4.529,00 €

Beneficiario: CLUB PATINAXE ALQUIMIA DE CARRAL
Obxecto: Patinaxe artística: competicións federadas ámbito nacional ano 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB PATINAXE ARTÍSTICA AGORA
Obxecto: Subvencionar a participación en campionatos de España das patinadoras e patinadores do Club que obteñan praza para participar nos campionatos organizados pola RFEP

2.729,00 €

Beneficiario: CLUB PATINAXE DE RIVEIRA
Obxecto: Patinaxe artística: competición federada de ámbito nacional 2021

4.079,00 €

Beneficiario: CLUB RÍTMICA MILENIUM
Obxecto: Sufragar os gastos das ximnastas nacionais do club en competicións oficiais de Ximnasia Rítmica, Campionatos nacionais e liga Iberdrola

5.627,00 €

Beneficiario: CLUB SADA PATIN
Obxecto: Equipo masculino liga nacional 2021 1.ª División Absoluta

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB SALVAMENTO SADA
Obxecto: Salvamento e Socorrismo - Participación de deportistas en campionatos nacionais (alevín-infantil-cadete-xuvenil-xunior-absoluto-máster)

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB SANTO DOMINGO BETANZOS
Obxecto: Participación na liga EBA de baloncesto

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB SILVA S.D.
Obxecto: Fútbol 3.ª División-Cubrir custos derivados da participación do primeiro equipo Sénior masculino Grupo 1

9.029,00 €

Beneficiario: CLUB TRIATLÓN COMPOSTELA
Obxecto: Participación do equipo na liga nacional de 2.ª División de DUATLÓN

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB TRIATLÓN FERROL
Obxecto: Participar na Liga Nacional 2.ª División de Triatlón e Campionatos de España

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB UNION DEPORTIVA SOMOZAS
Obxecto: Fútbol 3.ª División- Competición federada nacional 2021

7.650,00 €

Beneficiario: CLUB UNIVERSITARIO DE FERROL
Obxecto: Participación do Club Universitario de Ferrol na 1.º División Feminina (1.ª división da competición federada nacional feminina de baloncesto).

86.029,00 €

Beneficiario: CLUB VIAXES AMARELLE F.S.
Obxecto: Fútbol sala feminino: Primeira RFEF FUTSAL

30.179,00 €

Beneficiario: CLUB VICTORIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Obxecto: Gastos da competición do equipo feminino de categoría nacional

13.493,00 €

Beneficiario: CLUB VOLEIBOL DUMBRIA
Obxecto: Voleibol - Competición Superliga 2 Masculina

12.852,20 €

Beneficiario: CLUB XIMNASIA FERROLTERRA
Obxecto: Ximnasia artística en competicións oficiais a nivel nacional, categorías base e vía olímpica

6.329,00 €

Beneficiario: CLUB XIMNASIA RÍTMICA MARIA BARBEITO
Obxecto: Participación en competicións nacionais de ximnasia rítmica

5.429,00 €

Beneficiario: CLUB XIMNASIA RÍTMICA VIRAVOLTA
Obxecto: Ximnasia rítmica - Competición Federada Nacional 2021

6.329,00 €

Beneficiario: CLUBE ATLETISMO RIA DE FERROL
Obxecto: Atletismo: Competición na división de Honra Feminina

9.029,00 €

Beneficiario: CLUBE CICLISTA MONTENEME
Obxecto: Ciclismos - Competición deportiva nacional 2021

4.131,00 €

Beneficiario: CLUBE NATACIÓN ARZÚA
Obxecto: Adestramento e participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional durante o ano 2021 do clube natación Arzúa

6.329,00 €

Beneficiario: ESCOLA DE BÉISBOL E SOFBOL OS TILOS-TEO
Obxecto: Participar en competición federada nacional sénior. Liga nacional sénior de béisbol zona norte

6.869,00 €

Beneficiario: ESCOLA XIMNASIA ACORDES Obxecto: Competición federada de ámbito nacional: Modalidade de Conxuntos nos Níveis absoluto e base e Modalidade individual Clubes

6.329,00 €

Beneficiario: ESCOLAS BALONMÁN XIRIA
Obxecto: Balonmán - Competición na primeira división estatal masculina

9.029,00 €

Beneficiario: ESCUDERÍA MRT
Obxecto: Participación Competicións Oficiais Federadas Automobilismo Carácter Nacional

6.300,00 €

Beneficiario: GALICIA MOTORSPORT
Obxecto: Promoción do deporte do motor e clásicos a nivel nacional

6.300,00 €

Beneficiario: HOCKEY CLUB BORBOLLA
Obxecto: Participación do equipo feminino do HC BORBOLLA na OK Liga FEMININA HOCKEY

18.029,00 €

Beneficiario: HOCKEY CLUB LICEO DE LA CORUÑA
Obxecto: Hockey OK Liga 2021

86.029,00 €

Beneficiario: JUDO CLUB UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC)
Obxecto: Participación en competicións de judo de ámbito internacional 2021

6.329,00 €

Beneficiario: MELMAC RALLY FACTORY
Obxecto: Automovilismo categoría RALLYES -Paticipación Copa España de Rallyes - SuperCampeonato de España - Copa Toyota Aygo Nacional

6.300,00 €

Beneficiario: O PARRULO FÚTBOL SALA
Obxecto: Participación de O Parrulo F.S en competición nacional de fútbol sala 1.ª División

51.629,00 €

Beneficiario: OBRA ATLÉTICO RECREATIVA DE LA CIUDAD VIEJA OAR CIUDAD 1952
Obxecto: Balonmán: Actividade deportiva federada ámbito nacional durante ANO 2021

9.029,00 €

Beneficiario: PEÑA CICLISTA MONTE XALO
Obxecto: Participación no calendario nacional de ciclismo 2021.

2.527,56 €

Beneficiario: SALVAMENTO E SOCORRISMO CARBALLO
Obxecto: Sysca Salvamento. Participación en competicións nacionais 2021

6.329,00 €

Beneficiario: SOCIEDAD CULTURAL Y DEPORTIVA RABADEIRA
Obxecto: Patinaxe de velocidade

6.329,00 €

Beneficiario: SOCIEDAD DEPORTIVA COMPOSTELA ATLETISMO
Obxecto: Sufragar en parte o gasto de dos deportistas do noso clube con licencia nacional en competicións federadas de ámbito nacional

2.153,00 €

Beneficiario: SOCIEDAD DEPORTIVA E CULTURAL NATACIÓN BOIRO
Obxecto: Participar ca sección de Triatlón na liga nacional 2.ª División

6.329,00 €

Beneficiario: SOCIEDAD DEPORTIVA FINISTERRE
Obxecto: Financiar os gastos derivados da participación da Sociedade Deportiva Fisterra, na modalidade de fútbol, na Terceira División (competición federada de ámbito nacional).

9.029,00 €

Beneficiario: SOCIEDADE DEPORTIVA COMPOSTELA
Obxecto: FÚTBOL 2.ª DIVISIÓN NACIONAL B

28.829,00 €

Beneficiario: TRIATLÓN ARTEIXO
Obxecto: Subvencionar a participación na Liga Nacional de Triatlón durante o ano 2021.

4.754,00 €

Beneficiario: UNION VECINAL VENTORRILLO
Obxecto: Participación do equipo sénior en categoría 2.ªB de FÚTBOL SALA

8.507,00 €

Beneficiario: VICTORIA CLUB DE FÚTBOL
Obxecto: Gastos equipo Nacional Feminina - ámbito nacional 2021

18.776,00 €

Beneficiario: XIMNASIA CORUÑA
Obxecto: Ximnasia - Competición Nacional 2021

6.329,00 €

Beneficiario: YACAR RACING
Obxecto: Competición a nivel nacional automivilismo

6.300,00 €

Beneficiario: 5 CORUÑA FÚTBOL SALA
Obxecto: División de Honra xuvenil nacional Fútbol sala

9.029,00 €

Páxinas suxeridas