Estás en:Novas

A Deputación financia con 150.000 euros a renovación da estrada que conecta A Ponte de San Francisco con San Breixo, en Noia

As tarefas permitirán asfaltar un tramo que presenta na actualidade fochancas e deficiencias debido ao paso dos anos e o tránsito rodado

O ente provincial financia a través do Plan Único o 100% do custo total da iniciativa

A Deputación financia con 150.000 euros a renovación da estrada que conecta A Ponte de San Francisco con San Breixo, en Noia

A Deputación da Coruña financia a renovación da estrada que vai da Ponte de San Francisco a San Breixo, en Noia. O ente provincial apoia o Concello a través do Plan Único, que financia o 100% do custo total do proxecto, 149.363 euros.

A iniciativa permitirá limpar esta estrada, que está  na parroquia de Santa María de Argalo, así como levar a cabo a reparación de foxos e pavimentación con aglomerado de 5 centímetros. Tamén se levantarán as actuais tapas de rexistro e as reixas de sumidoiro.

Estas tarefas darán solución ao mal estado no que está actualmente a plataforma debido ao paso dos anos e o tránsito rodado. O Plan Único segue así a dar apoio aos concellos da provincia para mellorar as súas infraestruturas, neste caso dunha estrada, co obxectivo de ofrecer unhas vías de comunicación seguras á veciñanza que reside na zona e ás persoas que transitan por esta vía.

Páxinas suxeridas