Estás en:Novas

Mañá abre o prazo para solicitar os cursos de vela e windsurf da Deputación da Coruña

Os cursos, destinados a rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos, realizaranse durante os meses de xullo e agosto en Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo

Mañá abre o prazo para solicitar os cursos de vela e windsurf da Deputación da Coruña

FOTO (ARQUIVO). As deputadas Cristina Capelán e Sandra González na entrega de diplomas dos cursos de vela 2019

A deputada responsable da área de Deportes da Deputación, Cristina Capelán, anunciou que mañá martes, 1 de xuño, abre o prazo de inscrición para aos cursos de vela e windsurf que a Deputación da Coruña organizará este verán en Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo e nos que poderán aprender a navegar 240 nenas e nenos da provincia.

Os cursos desenvolveranse entre o 5 de xullo e o 13 de agosto e nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

Capelán explicou que os cursos terán unha duración de cinco días en grupos de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), e nos mesmos realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico de windsurf.

A cota de inscrición é de 25 euros. Nos concellos deberá presentarse certificado de empadroamento, ficha de inscrición cuberta pola nai, pai ou titor do/a persoa solicitante, fotocopia do DNI ou libro de familia, copia do aboamento da cota de inscrición (unha vez confirmada a praza por parte do concello) e, no caso de tratamento médico ou doenza, entregarase tamén xustificante médico asinado polo facultativo.

As datas previstas para a inscrición e a celebración dos cursos son as seguintes:

QUENDAS

CONCELLO

PRAZO INSCRICIÓN NO CONCELLO

1ª quenda: do 5 ao 9 de xullo

CARIÑO

1 ao 18 de xuño

2ª quenda: do 12 ao 16 de xullo

MUGARDOS

1 ao 25 de xuño

3ª quenda: do 19 ao 23 de xullo

PONTEDEUME

1 de xuño ao 2 de xullo

4ª quenda: do 26 ao 30 de xullo

PONTECESO

1 de xuño ao 9 de xullo

5ª quenda: do 2 ao 6 de agosto

DUMBRÍA

1 de xuño ao 16 de xullo

6ª quenda: do 9 ao 13 de agosto

RIANXO

1 de xuño ao 23 de xullo

Páxinas suxeridas