Estás en:Novas

A fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina de Balonman disputarase esta fin de semana en Carballo co patrocinio da Deputación

González Formoso desexou "toda a sorte" ao Calvo Xiria: "Na vosa longa traxectoria tedes demostrado que sodes un equipo que nunca se rende e esa perseverancia terá a súa recompensa. Desta vai, estamos seguros de que esta vez conseguiremos ese ansiado ascenso", animou o presidente aos xogadores e corpo técnico.

Despois de seis intentos de alcanzar esta categoría, o club carballés e o balonmán galego teñen claro que "desta vai"

A fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina de Balonman disputarase esta fin de semana en Carballo co patrocinio da Deputación

A sede da Deputación da Coruña acolleu esta mañá o acto de presentación da fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina, que se disputará os días 4, 5 e 6 de xuño en Carballo, grazas ao apoio da área de Deportes da institución provincial. Os partidos contarán coa participación de Calvo Xiria, BM Maracena la Esquinita de Javi, Levante Marni e Handbol Sant Quirze.

Despois de seis intentos de alcanzar esta categoría, o club carballés e o balonmán galego teñen claro que "desta vai".

No acto de presentación participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o vicepresidente, Xosé Regueira; a deputada da área de Deportes, Cristina Capelán; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; entre outras autoridades, ademais do cadro de xogadores do Calvo Xiria co seu corpo técnico ao fronte.

Valentín González Formoso, destacou "o traballo desde as categorías base" e o "amplo apoio social" co que conta o equipo carballés, con máis de 200 deportistas federados e preto de medio millar de socios.

González Formoso desexou "toda a sorte" ao Calvo Xiria nos encontros que lle esperan esta fin de semana. "Na vosa longa traxectoria tedes demostrado que sodes un equipo que nunca se rende e esa perseverancia terá a súa recompensa. O sete é o número da sorte. Desta vai, estamos seguros de que esta vez conseguiremos ese ansiado ascenso", animou o presidente aos xogadores e corpo técnico.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, que naceu balonmanisticamente no Xiria, comezou destacando o apoio da Deputación da Coruña ao deporte e de forma especial ao balonmán galego. O máximo dirixente da FGBm destacou a evolución do Xiria nestes trinta anos, tanto deportivo como estrutural e cunha aposta clara pola canteira e recordou que " os gañadores no mundo do deporte no son os que nunca fracasan, senón os que nunca desisten".

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, fixo referencia ao nacemento de Escolas Deportivas hai case 40 anos e a implantación do balonmán en Carballo, "é o deporte que máis éxitos ten aportado ao noso concello, o deporte e que máis xogadores aportou ás máximas categorías o deporte que tanto nos fai desfrutar e ás veces sufrir".

O vicepresidente de Escolas Deportivas Xiria, José Antonio Rodríguez, agradeceu a colaboración de todas as administracións e da Federación Galega para facer posible este evento e asegurou que "isto é posible grazas a implicación de todas e todos os que conforman o club".

Páxinas suxeridas