Estás en:Novas

A área de Xestión Tributaria da Deputación da Coruña xa atende o 91% dos trámites e consultas por vía telemática

A Oficina Virtual Tributaria (OVT) permite realizar numerosos trámites de forma cómoda e sinxela as 24 horas do día

O teléfono gratuíto de atención ao contribuínte 900 132 204 atende as consultas en horario laboral

A área de Xestión Tributaria da Deputación da Coruña xa atende o 91% dos trámites e consultas por vía telemática

A área de Recadación e Xestión Tributaria da Deputación da Coruña xa atende o 91% dos trámites e consultas da cidadanía por vía telemática.

Durante o pasado mes de maio, só o 9% dos contribuíntes elixiron facer de forma presencial os seus trámites e consultas nas oficinas tributarias da Deputación, mentres que o 91% optaron por facelo a través da sede electrónica ou a Oficina Virtual Tributaria (OVT) que, entre outras funcionalidades, permite o pago de recibos de calquera entidade bancaria con tarxeta de débito ou crédito, a obtención de certificados de pago, a solicitude de fraccionamento nos pago, a consulta e actualización de datos do contribuínte, a identificación do condutor no caso de sancións de tráfico ou a presentación de recursos e documentación.

"Desde o inicio da pandemia, vimos comprobando como se incrementan cada vez más os trámites en liña e diminúen os presenciais", explicou o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, que destacou que esa tendencia fixo que se ampliaran e reforzaran os servizos que a Deputación ofrece para calquera trámite de carácter tributario en liña. "Desde consultar, pagar ou fraccionar os recibos pendentes ata a consulta de datos catastrais, a OVT permite realizar calquera trámite de xeito cómodo e sinxelo durante as 24 hora do día, os 365 días do ano", afirmou.

O 15 de xullo remata o prazo do IVTM

Desde a área de Recadación e Xestión Tributaria lémbrase que o vindeiro 15 de xullo remata o prazo de pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e as taxas do primeiro semestre do ano.

Para calquera trámite ou consulta pódese contactar cos servizos tributarios da Deputación a través do correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal ou no teléfono gratuíto 900 132 204 de 9 a 14 horas, de luns a venres.