Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A exposición “Olladas ao Camiño Inglés” inicia a súa itinerancia na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña
Páxinas suxeridas
  • Formación persoal Administración Local
    Información relacionada coa sección de formación. Plan de formación, horarios, cursos ...
  • Batáns do mosquetín
    Información para visitar os batáns no concello de Vimianzo
  • Turismo
  • Castelo de Vimianzo
    Información relacionada co castelo e as mostras de diferentes actividades. Esta fortaleza medieval, situada ó pé da estrada da Coruña a Fisterra, ten forma poligonal irregular con catro torreóns orientados ós catro ventos. A torre, situada ó leste, ten unha pequena porta de acceso a nivel do patio pola que se baixa ó soto do torreón; é a de maiores dimensións e conserva a cantería máis antiga.
  • Charlas para as familias
  • I Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
A mostra, composta por 34 augatintas de José Manuel Yáñez que reflicten os principais elementos patromoniais do Camiño Inglés, percorrerá varios concellos da provincia polos que discorre este itinerario xacobeo

A exposición “Olladas ao Camiño Inglés” inicia a súa itinerancia na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña

12 de Setembro de 2017

A Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12. A Coruña) acolle esta tarde, ás 19.30 horas, a inauguración da exposición "Olladas ao Camiño Inglés", unha colección de augatintas debuxadas por José Manuel Yáñez sobre os elementos patrimoniais máis significativos deste itinerario xacobeo que une Ferrol e A Coruña.

O acto contará coa asistencia dos deputados de Turismo e Economía, Xosé Regueira e Antonio Leira, do concelleiro de Turismo da Coruña, Alberto Lema, e do autor da exposición, José Manuel Yáñez.

A exposición enmárcase dentro do amplo calendario actividades de potenciación e promoción do Camiño Inglés que está a desenvolver a Deputación da Coruña. Trátase de 34 obras enmarcadas en madeira de bidueiro cor natural, cun formato de aproximadamente 30 x 40 cm, con orla de cadro e cristal mais un rótulo que identifica cada un dos elementos patrimoniais ilustrados.

A técnica é debuxo a pluma acuarelado con tintas inglesas en gama cromática de ocres sobre papel Cnson Din A-4. Esta obra vai acompañada de tarxetóns de 10 x 30 cm con textos alusivos ás obras pictóricas.

Esta colección itinerante vai a percorer os diversos concellos da provincia da Coruña polos que transcorre o Camiño Inglés. Tras a súa estadía na Casa Museo Casares Quiroga, as próximas datas de exposición confirmadas serán Oroso (do 3 ao 15 de outubro) e Carral (do 16 ao 29 de outubro)

O autor

José Manuel Yáñez Rodriguez, arquitecto técnico, enxeñeiro de edificación e doutor en Historia da Arte. Actualmente é o xefe do Servizo de Arquitectura e Mantemento da Deputación da Coruña.

Yáñez realizou numerosas exposicións individuais e colectivas de debuxo e pintura. Cunha dilatada experiencia universitaria na UDC na docencia do debuxo arquitectónico, a súa obra céntrase fundamentalmente no patrimonio construído: paisaxes urbanas e rurais, arquitecturas singulares do interior e do litoral, pero sen deixar de abordar outras composicións artísticas: mariñas, bodegóns, etc... en diferentes técnicas pictóricas.