Estás en:Patrimonio Casa Wenceslao Fernández Flórez

Casa Wenceslao Fernández Flórez

Esta edificación responde o racionalismo propio da época (finais dos anos 40). Obra do arquitecto Antonio Tenreiro. Arquitectura perfectamente conjuntada e respectuosa coa contorna no que se sitúa a Fraga de Cecebre.

Este inmoble foi adquirido pola Deputación por acordo do pleno en sesión celebrada o 11 de xuño de 1999. O pleno da corporación en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 2001 aprobou o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación provincial da Coruña e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez para a utilización deste inmoble.

  • Horario:

Sábados, domingos e festivos: pola mañá, de 12h a 14h e pola tarde de 17h a 20h.
Visitas guiadas individuais ou en grupos (máx. 15 persoas por grupo).
Atención a visitantes: correo electrónico fundawenceslaoff@gmail.com
Existe a posibilidade de adaptar o noso horario a grupos durante os días de semana a través do correo electrónico fundawenceslaoff@gmail.com.