Castelo de Vimianzo
Esta fortaleza medieval, situada ó pé da estrada da Coruña a Fisterra, ten forma poligonal irregular con catro torreóns orientados ós catro ventos.
A torre, situada ó leste, ten unha pequena porta de acceso a nivel do patio pola que se baixa ó soto do torreón; é a de maiores dimensións e conserva a cantería máis antiga. A torre máis alta é a sur; a principal, ou da homenaxe, que domina o acceso ó castelo. Dando ó patio atópase unha edificación en forma de L,que apoia nas murallas e torreóns norte e leste. Tódalas murallas do castelo están rematadas por elegantes ménsulas que soportan as ameas e permiten a existencia de matacáns. As últimas intervencións, sendo propiedade da Deputación da Coruña, proxectounas e dirixiu o arquitecto Luís Gorozarri del Valle.
Durante todo o ano, atende ao público un conserxe e persoal das áreas de cultura e desenvolvemento local. VISITA LIBRE
SEMANA SANTA: aberto de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Mostra de Artesanía en vivo.
Do 15 de xuño ao 15 de setembro: aberto de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Do 2 de xaneiro a 14 xuño e de 16 setembro a 31 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 h.
Luns pechado.
Os días 24 e 31 de decembro: En horario de mañá
Pechado: 1 xaneiro, 22 maio e 25 decembro
Más información:
Turismo de Vimianzo: turismo@vimianzo.gal
Coa colaboración do Concello de Vimianzo