Páxinas
Novas

Castelo de Vimianzo

Image Slider

Esta fortaleza medieval, situada ó pé da estrada da Coruña a Fisterra, ten forma poligonal irregular con catro torreóns orientados ós catro ventos.

A torre, situada ó leste, ten unha pequena porta de acceso a nivel do patio pola que se baixa ó soto do torreón; é a de maiores dimensións e conserva a cantería máis antiga. A torre máis alta é a sur; a principal, ou da homenaxe, que domina o acceso ó castelo. Dando ó patio atópase unha edificación en forma de L,que apoia nas murallas e torreóns norte e leste. Tódalas murallas do castelo están rematadas por elegantes ménsulas que soportan as ameas e permiten a existencia de matacáns. As últimas intervencións, sendo propiedade da Deputación da Coruña, proxectounas e dirixiu o arquitecto Luís Gorozarri del Valle.

Horario de visitas do 16 setembro a 31 decembro

De martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 

Mostra de artesanía en vivo: oleiría, encaixe, liño, cestería, maquetería de barcos, acibechería.

Más información:
Turismo de Vimianzo
turismo@vimianzo.gal
Tel. 981 716 001 (ext. 1235) (de luns a venres)

Coa colaboración do Concello de Vimianzo