Estás en:Patrimonio Torres do allo

Torres do allo

 O edificio está situado nun terreo, no que hoxe en día existe unha explotación de maceiras. O exterior está rodeado de prados e piñeiros. Chégase por unha estrada de falsos plátanos e carballos ata unha praza na que se atopa o portal de entrada ó recinto amurallado. Está composto por dúas torres de tres alturas unidas polo núcleo do edificio de só dúas plantas. Destacan como elementos significativos os escudos que aparecen nas torres e a cantería dos muros perfectamente labrada.

Entrada libre e de balde.  (O acceso restrínxese 15 minutos antes do peche)

 HORARIO:

Horario de apertura: en función da tempada.
Do 7 de xaneiro ao 14 de xuño (salvo Semana Santa) abrirase os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 h.

En Semana Santa abrirase de 11:00 a 20:00h., dende o sábado 1 ao domingo 9 abril

Do 15 de xuño ao 15 de setembro, abrirase de luns a venres de 11:00 a 20:00 h, e sábados e domingos de 11:00 a 21:00 h.
Do 16 de setembro ata o 30 de decembro, abrirase, os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 h

Torres do Allo permanecerá pechado os días 1 a 6 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro.
Teléfono de atención a visitantes: 655 71 67 43

Coa colaboración do Concello de Zas