galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Diversidade Funcional : Plan de Eliminación de Barreiras

Características do Plan

Participación

Participaron 68 concellos da provincia da Coruña, con poboación inferior a 50.000 habitantes. Non puideron participar na convocatoria aqueles concellos que se adheriron ao convenio do 20 de febreiro de 2008, na cláusula primeira, apartado a 2: para a execución de proxectos de obras de accesibilidade.

Características dos proxectos que a presentar:

  • Requirir un orzamento mínimo de 12.000,00 euros e un máximo de 200.000 euros.
  • Os proxectos de execución das obras e subministracións, se é o caso, deben de ser redactados polo técnico/a competente, conforme ao establecido na Lei 30/2007 do 30 de outubro, de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento e terán que basearse na normativa de accesibilidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Os proxectos han de referirse no sentido de seren susceptibles de entrega ao uso público, así se fará constar expresamente no proxecto técnico.
  • Poderán presentarse ata un máximo de 2 proxectos que deberán ter a prioridade marcada polo concello. En todo caso, a suma dos orzamentos das actuacións solicitadas non poderá exceder de 200.000,00 euros

Prazo de presentación: O último prazo para solicitar a subvención pechouse o 12 de xaneiro de 2009.

Así mesmo, está previsto no Plan de eliminación de barreiras que se poidan cofinanciar estas actuacións, acudindo ás achegas de fondos procedentes de FEDER, IMSERSO, Fundación ONCE e da Administración local, no marco establecido no convenio de colaboración subscrito o 20 de febreiro de 2008, para o período 2008-2010, entre o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (IMSERSO) e a Fundación ONCE, para a cooperación e integración social de persoas con discapacidade, para desenvolver un programa de accesibilidade universal, en cuxa cláusula 10ª se precisa que para o ano 2009 se publicará no BOE do 1 de xaneiro o anuncio de apertura do prazo de presentación de solicitudes, por 30 días naturais.

De tal xeito o 9 de decembro de 2009 formalízase o convenio entre o IMSERSO-ONCE E DEPUTACIÓN DA CORUÑA, e preséntanse os proxectos das obras de cinco concellos da provincia. O IMSERSO remitiu comunicación favorable sobre a concesión de axudas por valor de 152.339,29 euros para o plan de eliminación de barreiras.

A Presidencia resolveu o 17 febreiro de 2010 a continuación da segunda fase do Plan de eliminación de barreiras 2008, situación na que nos encontramos actualmente.

Concedéuselles a todos os concellos presentados o financiamento necesario para levar a cabo unha das obras de eliminación de barreiras solicitadas, e actualmente 28 concellos están pendentes do financiamento da segunda obra.