galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Diversidade Funcional : Plan de Eliminación de Barreiras

Marco normativo e legal

A accesibilidade  enténdese, segundo o art. 3.a da lei 8/1997, do 20 de agosto, da accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, como "aquelas características do urbanismo, da edificación, do transporte ou dos medios e sistemas de comunicación que lle permiten a calquera persona a súa utilización e desfrute de xeito autonomo, con independencia da súa condición física, psiquica ou sensorial".

E en base a isto, desde o ano 2008 a Deputación da Coruña  comprometeuse co disposto nas seguintes leis e demais normativa de eliminación de barreiras arquitectónicas:

  • Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais de Galicia
  • Lei 8/1997 , do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade autónoma de Galicia
  • Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, que recolle na disposición adicional decimoquinta:

"As Administracions Públicas, no ámbito das súas respectivas competencias, garatirán as condicións de accesibilidade nos entornos, procesos e procedementos do Sistema para a Autonomía e Atención á          Dependencia, nos termos previstos na Lei de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade".

Dito compromiso concretouse na cooperación cos concellos da provincia para garantir a accesibilidade nos inmobles de titularidade municipal e o seu contorno máis inmediato, orientándoo á eliminación de barreiras arquitectónicas e urbanísticas que o impidan.

A Deputación subvenciona o 100% do custo total das obras de eliminación de barreiras, algúns exemplos de proxecto de accesibilidade son: a execución de ramplas de acceso, instalación de ascensores, realización de aseos adaptados, prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con minusvalía, cadeiras salvaescaleiras, adaptación de portas, e en xeral calquera obra que teña por obxecto a eliminación das devanditas barreiras arquitectónicas.

Para tal fin, a Deputación Provincial publicou no BOP do 19 de decembro de 2008 as BASES DO PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITETÓNICAS EN CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA, onde se establecen os requisitos para participar na convocatoria.