Estás en:Servizos Sociais Área de Drogodependencias e Outros Trastornos Aditivos

Área de Drogodependencias e Outros Trastornos Aditivos

Debido ao incremento das adiccións comportamentais relacionadas coas novas tecnoloxías e co xogo online e videoxogos cada vez a idades máis temperás, a Área de Benestar Social apoia diferentes tipos de proxectos e iniciativas en relación coa prevención deste tipo de adiccións, en colaboración con entidades especialistas.

É fundamental ter en conta ós axentes clave do territorio como son o persoal técnico en servizos sociais, orientadores e orientadoras educativos/as e técnicos/as comunitarios/as de prevención de adiccións.

Así mesmo é importante contar con outras persoas especialistas como o persoal investigador das universidades que está a realizar diferentes estudios en relación con este tipo de adiccións comportamentais.

É por todo isto que a deputada de Benestar Social propón á Sección de Servizos Sociais a realización dunha xornada formativa dirixida a persoal do ámbito comunitario de cara a reforzar o ámbito preventivo dende os concellos e os centros educativos.

Dita xornada estivo organizada pola Deputación Provincial da Coruña en coordinación con a ASOCIACIÓN AGALURE, única entidade especialista en adiccións comportamentais da provincia da Coruña.

A xornada tivo lugar o  día 20 de xaneiro de 2023 na sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial, A Coruña.

 

 

9:15 – 9:40

 

Recollida de documentación.

 

9:40 – 10:00

 

Presentación da xornada polas autoridades.

 

10:00 – 10:15

 

Breve presentación Asociación Agalure.

 

10:15 – 11:00

 

Poñente 1: D. Daniel Loren. Gamer e experto en videoxogos. “Rumbo á adicción. Estado actual da industria do videoxogo e a súa influencia sobre o usuario”.

 

 

 

11:00 – 11:45

 

Poñente 2: Dña. Ana Estévez Gutiérrez. Profesora Titular do departamento de Personalidade. Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade de Deusto. Directora do Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria. “Loot boxes: Fronteira entre o trastorno de azar e adicción aos videoxogos”.

 

 

11:45 – 12:15

 

Descanso.

 

12:15 – 13:15

 

Poñente 3: D. Ramón Peña. Formador, Plan Director da Garda Civil de Lugo: “Isto non é un xogo, historia e prevención da nova adicción xerada pola industria do videoxogo”.

 

 

13:15 – 13:45

 

Turno de apartacións e preguntas.

 

14:00 – 16:00

 

Comida.

 

 

16:30 – 18:00

 

Poñente 4: D. Antonio Rial Boubeta. Doutor en Psicoloxía Social e Profesor titular da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela. “Impacto das TRIC na adolescencia. Quen lle pon o cascabel ao gato?”.

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades locais fináncianse as seguintes liñas de actuación:

PROGRAMAS E SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS

Códigos:

  • CCB-1. Programa de valoración, orientación e información.
  • CCB-2. Servizo de axuda no fogar.
  • CCB-3. Servizo de educación e apoio familiar.
  • CCB-4. Programa básico de inserción social.
  • CCB-5.Programa de fomento da cooperación e solidariedade social.

 

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS

Códigos:

  • CCE-1. Centros enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión, en particular, os centros de inclusión e emerxencia social tipificados regulamentariamente, tales como albergues, centros de acollida, comedores sociais, centros de atención continuada e centros de día de inclusión social.
  • CCE-2. Programas enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión mediante equipos de inclusión sociolaboral e proxectos específicos enfocados, entre outros, a persoas perceptoras de rendas mínimas de inserción, persoas sen fogar, inmigrantes, emigrantes retornados, comunidade xitana e outras minorías socialmente vulnerables.
  • CCE-3. Centros e servizos de atención diúrna ou nocturna para a atención de persoas maiores ou con limitacións na súa autonomía.
  • CCE-4. Centros ocupacionais para a atención de persoas con discapacidade, así como o apoio psicosocial e familiar vinculado á atención temperá.
  • CCE-5. Equipamentos e servizos que faciliten a atención das persoas maiores e a súa socialización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal.
  • CCE-6. Centros e instalacións de atención da primeira infancia que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar.
  • CCE-7.Programas e/ou servizos de asesoramento, atención e orientación prestada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
  • CCE-8. Equipamentos e programas orientados a atención psicosocial, intervención socioeducativa, actividades de tempo libre, promoción de actividades saudables, formación en habilidades sociais ou outros que contribúan á súa integración familiar e comunitaria para a atención a menores de idade en situación de risco ou conflito social.
  • CCE-9. Equipamentos que favorezan un ámbito de convivencia alternativa nos casos de necesidade temporal tecnicamente valorada.
  • CCE-10. Outros equipamentos sociais non residenciais destinados ao desenvolvemento de programas para sectores de poboación con necesidades sociais diferenciadas que posibiliten o logro dos obxectivos do sistema galego de servizos sociais.

 

SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS

Códigos:

  • CE-1. Área de familia, infancia e mocidade
  • CE-2. Área de diversidade funcional
  • CE-3. Área das persoas maiores
  • CE-4. Área das drogodependencias e outros trastornos aditivos
  • CE-5. Área de migracións
  • CE-6. Área de prevención da delincuencia e inserción social de persoas ex-internas.
  • CE-7. Outros colectivos de persoas en risco ou situación de exclusión ou especiais dificultades de inserción social e/ou laboral.

 

CONCESIÓNS

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.A.X.C.A. (mantemento de servizos sociais) dos últimos catro anos nas seguintes ligazóns:

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades sen ánimo de lucro fináncianse as seguintes liñas de actuación:

3 4 SERVIZOS SOCIAIS ÁREA DE DROGODEPENDENCIAS E OUTROS TRASTORNOS ADITIVOS

Códigos

  • EOT-1 Programas de tratamento terapéutico, rehabilitación e inserción social.
  • EOT-2 Unidades de día
  • EOT-3 Comunidades terapéuticas
  • EOT-4 Vivendas de apoio
  • EOT-5 Programas de apoio ás familias e para prevención no colectivo de menores e mocidade que se desenvolvan en colaboración cos centros de atención a persoas con drogodependencias.
  • EOT-6 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado.

Os programas EOT-1,EOT-2,EOT-3,EOT-4,EOT-5, deberán estar incluídos na rede asistencial do Plan de Galicia sobre Drogas.

 

CONCESIÓNS

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.A.X.E. (mantemento de servizos sociais) dos últimos anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2017

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.I.E. (investimento de servizos sociais) dos últimos  anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2017

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014