Estás en:Servizos Sociais Familia e infancia Plan de Intervención Intercultural Comunitaria

Plan de Intervención Intercultural Comunitaria

A Deputación da Coruña ofrece aos Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia
un Plan de Intervención Intercultural Comunitaria "PIIC", co obxectivo de conseguir unha
inclusión e cohesión social plena do colectivo migrante na nosa sociedade.

Intercultural-1.jpg

Cales son as persoas ás que se dirixe o plan?

Persoas nalgunha situación de migración ou protección internacional e en risco de exclusión social como:

  • Persoas migrantes en calqueira situación administrativa
  • Persoas solicitantes de protección internacional, refuxiadas ou asiladas
  • Mulleres migrantes en especial situación de vulnerabilidade (p.ex. vítimas de violencia de xénero...)
  • Persoas emigrantes retornadas

SOLICITAR

Persoas migrantes en calqueira situación administrativa

Atención especializada e individualizada que permita o acompañamento e apoio próximo á persoa estranxeira durante todo o proceso da súa regularización administrativa 1isió situación pola que solicita o servizo.

Abrangue os seguintes servizos:

  • Asesoramento e apoio específico na tramitación e presentación de recursos, 1isión 1traci de residencia e traballo, 1 isión 1 tra e modificación das mesmas, reagrupación de familiares, réxime comunitario, lei de apoio a emprendedores/as, visados, estancias por estudos, réxime matrimonial, etc.
  • Asesoramento e apoio na solicitude de nacionalidade así como nos procedementos de protección internacional, asilo e refuxio, así como apatridía.
  • Asesoramento e apoio no caso de procedemento administrativo sancionador de expulsión correspondente, especialmente na preparación dos escritos de alegacións, recursos administrativos, etc. Así como en calquera outra defensa xurídica nos diferentes procedementos en vía administrativa.
  • Asesoramento en temas específicos en materia de estranxeiría: trata de persoas, menores, violencia de xénero, estranxeiros/as en centros penitenciarios, retorno, homologacións títulos, xestión documentación..., así como outros conexos: dereito de 1 isión 1 tra, familia, consumo, 1 isión 1 t, etc.
  • Acompañamento das persoas interesadas nos trámites perante a Administración (Oficina de estranxeiría, Policía, Rexistro civil, TGSS, SMAC, Inspección de Traballo, etc.), de seren necesario, e tramitación telemática de citas previas.
  • Mediación e comunicación coas 2 isión 2 tración, 2 isión diplomáticas e consulados, etc.
  • Derivacións á quenda de oficio para a asistencia xurídica gratuíta en determinados procedementos xudiciais ou a outros servizos especializados.

Qué accións se desenvolven na mediación intercultural

A necesidade de recurrir á mediación intrercultural é máis relevante naqueles ámbitos onde é maior a presenza ou o contacto entre persoas e grupos de culturasl diferentes. Especialmente nos ámbitos: educativo, sanitario, social, sociolaboral, familiar, vivienda, etc. Algunhas das acción a executar serían

Exemplos concretos das actuacións en cada ámbito

  • Xestión de problemas de convivencia entre veciñanza por cuestións de ruido, de administración de asuntos da comunidade...
  • Preparación de documentación administrativa (contratos de aluguer, etc.) complementarias.
  • Facilitar información e asesoramento en normas de convivencia e chaves culturais en materia de vivenda e comunidade de veciños.
  • Facilitar información, asesoramento e concienciación sobre altas, facturas, xustificantes e tramitacións.
  • Etc.
  • Mediar en problemas de entendemento entre persoa empregadora e empregada.
  • Informar sobre temas discrepantes: salario, xornada laboral, calendario, vacacións, contratación, incumprimento de acordo, interpretación do convenio, modificación substancial de condicións de traballo, permisos, interpretación de nóminas, salario neto e bruto, seguridade social, desemprego, etc.
  • Facilitar chaves culturais no ámbito laboral: p.e., ámbito relixioso, prácticas, festividades, vacacións e dereitos laborais.
  • Etc.
  • Xestión de matrículas de alumnado e matrícula fóra de prazo.
  • Apoio nos casos de incorporación e escolarización do alumnado estranxeiro a un novo centro educativo informando sobre o sistema educativo, normas do centro, periodo vacacional, permisos, faltas, tipoloxía de xustificantes, etc.
  • Apoio nas entrevistas de valoración de nivel
  • Xestión das bolsas escolares, libros, material escolar, acceso ó comedor, transporte escolar, matrícula en escolas
  • infantís.
  • Acompañamento para titorías.
  • Facilta-lo diálogo e a comunicación entre profesorado e familias de diferentes culturas.
  • Etc.
  • Realizar acompañamentos co obxectivo de logra-la nivelación das partes, e equilibrar a situación de desvantaxe na que se atopa a persoa usuaria á hora de realizar trámites por descoñecer os procedementos, dificultades lingüísticas, etc.
  • Etc.
  • Facilita-lo acceso ó sistema sanitario e tramitación da tarxeta sanitaria (sistema Seguridade Social ou SERGAS).
  • Apoio na preparación de documentación para a tarxeta sanitaria dos menores (autorización dos pais, declaración xurada, padrón, etc.).
  • Explicación de pautas de tratamento, dieta e toma de medicación.
  • Acompañamento ás consultas médicas (medicina xeral, especialidades).
  • Coordinación co persoal administrativo e/ou de servizos sociais para informes, valoracións, etc.
  • Saúde produtiva e planificación familiar, abortos, etc.
  • Apoio, preparación e acompañamento a mulleres sen redes familiares, embarazadas con menores a cargo ou no caso de que sexa o seu primeiro embarazo.
  • Traballar coas persoas migrantes prexuízos e barreiras asociadas á relación previa ó sistema sanitario do país de orixe, especialmente, cando este non garantía o acceso gratuíto e universal ós servizos sanitarios.
  • Etc.
  • Preparación dos pais e nais migrantes: teñen que confrontarse cunha noción de adolescencia ás veces diferente á das súas comunidades de orixe e ver postergado a contribución que os seus fillos e fillas poden facer ó sostemento económico da familia.
  • Xestión de problemas de xénero: diferenzas de roles de xénero e pautas culturais e coeducación dos menores.
  • Apoio na xestión de repatriación de cadáveres e procura de cemiterios específicos para membros de certas relixións
  • (musulmáns).
  • Facilita-lo empoderamento das mulleres.
  • Etc.
  • Intervir na aparición de condutas disociais por asociación cos adolescentes con dificultades sociais da localidade.
  • Apoio no proceso de socialización: a socialización entre iguais e a presión de grupo propia dos adolescentes tamén lles afecta a elas/es.
  • Empoderamento das mozas migrantes: as adolescentes sofren máis control e restricións por parte dos familiares por ser mulleres.
  • Traballar a prevención e fomentar a educación non formal.
  • Etc.