galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Familia e Infancia

Centros propios

Os centros de menores, segundo o recollido no Real Decreto 329/2005 do 28 de Xullo,  polo que se regulan os centros de menores e centros de atención á infancia ; son "equipamentos destinados á atención de menores de idade que, de acordo coa normativa en vigor, estén en situación de risco, desamparo ou conflito social; e nos que se desenvolven con regularidade programas e actividades destinados a este sector da poboación".

"Son centros residenciais de menores aqueles equipamentos creados pola iniciativa pública ou privada para facilitar unha atención especializada a aqueles menores que, por distintas circunstancias sociofamiliares, necesitan ser separados/as temporalmente do seu núcleo familiar ou internados/as baixo a aplicación de medidas xudiciais. Os centros deben reproducir as condicións de vida do/a menor da forma máis cercana á de unha familia normalizada".

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NON CONTA CON NINGÚN CENTRO DE REEDUCACIÓN DE MENORES CON MEDIDAS XUDICIAIS