galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Familia e Infancia : Centros propios : Centro de día de menores de Ferrol

Descrición do centro

DATOS IDENTIFICATIVOS                                                        

DATOS IDENTIFICATIVOS

-        Titularidade: Deputación Provincial da Coruña

-        Dependencia: Área Servizos Provinciais

-        Nome do centro: Centro de día de menores de Ferrol

-        Enderezo: Rúa Sánchez Barcaiztegui, nº 35

-        Localidade: Ferrol

-        Código Postal: 15401

-        Teléfono: 981369011/ 981369756

-        Fax: 981355350

-        Correo electrónico: centrodiamenores@dicoruna.es

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

UmaVIwyWq6RtIfB4QKiGq_w,WYMV0aXJQT_fu7a0WUvfkN3BNnX2x2aUoD_Unj0ftkH-M7J5HJrT527C0oGdbQbD4MEIuj0rQbgcBUzqdOb-SscDWaqjX5AnDhD5cd2QWpWDw7OFnHnxv-wTf8I.png

O edificio está ubicado xeográficamente na parte alta do Centro Histórico de Ferrol, no pleno centro da cidade, no barrio da Magdalena, limitando co barrio de Canido.

O seu enclave inclúe o casco urbano de Ferrol, un lugar con fácil acceso e con toda unha rede de transportes públicos axeitados e con proximidade a centros escolares, equipamentos sanitarios e outros servizos comunitarios.

DESCRICIÓN DO CENTRO

O Centro de día de menores de Ferrol pertence a la Deputación Provincial da Coruña. Está situado no casco urbano de Ferrol. Dispón dunha capacidade máxima de 75 prazas (70 prazas conveniadas co Concello de Ferrol e 5 co de Narón) distribuídas en 6 unidades educativas.

Cabe destacar que antes de chegar tanto á denominación como á tipoloxía actual, pasou por diferentes etapas, pois a súa orixe se remonta aos anos trinta do século XIX.

Coa aparición da Deputación provincial da Coruña (1836/37) xurde o primeiro centro provincial de Ferrol, chamado “Casa Provincial de Expósitos de Ferrol” ou “Inclusa”. O centro conservou dita denominación ata que o 25 de decembro de 1937 pasou a chamarse “Casa Cuna” e posteriormente, en 1968, “Fogar Infantil de Ferrol”. En 2014 coincidindo coa obtención del PIA (Permiso de Inicio de Actividades) pasa a denominarse “Centro de día de menores de Ferrol”.

Ao igual que a súa denominación, a ubicación do centro tamén sufriu cambios ó longo da historia. Ata marzo de 1936, ano no que se instalou definitivamente no actual edificio, estivo ubicado en diferentes casas ou fincas alugadas pola Deputación da Coruña para tal fin.

Desde os seus inicios, o centro estivo destinado á atención de menores. Nas súas orixes atendían a “nenos e nenas orfos/as, abandonados/as e pobres”. Como exemplo, en 1900 o censo é de 102 nenos/as de entre 4 días e 6 anos, nacidos en Ferrol. Neste período a maioría estaban ausentes, pois se entregaban a nodrizas dos arredores para que os amamantasen a cambio de cartos. Xa en 1956 consta nos arquivos que “hai 112 nenos/as e para atendelos: 7 monxas, 18 muchachas e 3 nenas que alí se teñen criado e crecido”. A atención sempre estivo a cargo da comunidade relixiosa “Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl” e tivo carácter asistencial ata o ano 1993. Nese momento, tras asinar convenios cos concellos de Ferrol e Narón, o centro pasa a ser un recurso de atención de día e adquire o carácter  socioeducativo que se mantén na actualidade.

DEFINICIÓN DO RECURSO

O Centro de día de menores de Ferrol é un centro específico de atención de día para nenos/as (0-12 anos) pertencentes a familias usuarias dos servizos sociais municipais do entorno (Convenios de colaboración cos concellos de Ferrol e Narón). Dispón de prestacións básicas e outras complementarias durante todo o ano, ofrecéndolles servizos de apoio socio-educativo e familiar. O horario do centro é de 8.00 a 22.00 h de luns a venres e de 8.00 a 15.00 h os sábados.

Prestacións:

-     Aloxamento diúrno en instalacións axeitadas.

-     Horario de atención flexible en función das necesidades das familias.

-     Atención durante todo o ano, excepto domingos e festivos.

-     Recollida en algúns centros escolares segundo dispoñibilidade do servizo.

-     Manutención (almorzo, xantar e merenda)

-     Intervención socioeducativa (promoción da saúde, apoio e seguimento escolar…).

-     Animación planificada do tempo libre e materiais necesarios para a realización das actividades.

-     Colaboración na normalización da dinámica familiar.

-     Seguimento e orientación ás familias.

MISIÓN

Recurso comunitario de carácter socio-educativo cuxo programa de traballo está destinado á atención e apoio ó/á menor e á familia. Proporciona como equipamento diúrno, en colaboración con outros recursos, a cobertura de prestacións básicas e educativas dende un enfoque personalizado e flexible; adaptándose e respetando as diferenzas, co obxectivo de fomentar a normalización do funcionamento familiar.

VALORES

  • Personalización: atención e respecto ás diferenzas da persoa.
  • Flexibilidade: oferta de servizos adaptados ás necesidades e circunstancias individuais/ familiares.
  • Normalización: intervención educativa, dende unha perspectiva sistémica, como elemento transformador das dinámicas familiares.
  • Colaboración: traballo cooperativo con outros axentes implicados na intervención.
  • Profesionalidade: entendida como a implicación e participación no proxecto de traballo e a mellora continua das competencias profesionais.