galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Familia e Infancia : Centros propios : Centro de día de menores de Ferrol

Áreas de intervención educativa

ÁREAS EDUCATIVAS

ÁREA DE DESENVOLVEMENTO PERSONAL

DESENVOLVEMENTO FÍSICO

-        Promover nos/as nenos/as actitudes positivas cara á saúde e fomentar hábitos de auto coidado e de vida saudable.

-        Adquirir hábitos básicos de vida saudable (de hixiene, alimentación e saúde).

-        Desenvolvemento condutas nutricionais axeitadas, sans e equilibradas.

-        Realizar un seguimento específico relacionado con indicadores de saúde do/a neno/a.

-        Detectar e previr dificultades que afecten a estas áreas.

DESENVOLVEMENTO INTELECTUAL-COGNITIVO

-        Favorecer o desenvolvemento de habilidades de comunicación.

-        Fomentar a capacidade de razoar, reflexionar e a toma de decisións.

-        Promover  a exploración física e social.

-        Potenciar e estimular as súas capacidades intelectuais como proceso de crecemento e maduración.

-        Previr e detectar dificultades nos procesos de aprendizaxe.

DESENVOLVEMENTO AFECTIVO E EMOCIONAL

-        Acompañar o proceso de maduración e crecemento individual fomentando a súa autonomía e incrementando autoestima e auto confianza.

-       Ofrecer un espazo que favoreza o desenvolvemento e expresión dos  seus propios sentimentos e emocións.

-        Ensinar e estimular o desenvolvemento da intelixencia emocional.

DESENVOLVEMENTO DE PERSONALIDADE E ACTITUDES

-        Promover actitudes positivas e proactivas.

-        Desenvolver hábitos e actitudes de participación, cooperación e solidariedade.

-        Favorecer a súa convivencia e socialización a través de actividades grupais propias do centro e do seu entorno / comunidade.

-        Favorecer e apoiar o desenvolvemento saudable da personalidade do/a menor.

-        Promocionar e reforzar pautas de comportamento axeitadas.

-        Promover a superación de dificultades e a aprendizaxe de resolución de conflitos.

-        Promover actitudes e relacións de respeto sin distinción en relación ao xénero, etnia, cultura, creencias relixiosas…

-        Detectar alteraciones no desenvolvemento da personalidade e derivación aos servizos especializados.

ÁREA DE INTEGRACIÓN SOCIAL

CONTEXTO FAMILIAR

-        Favorecer o proceso de normalización familiar atendendo ás necesidades individuais.

-        Atender as demandas de información, orientación e apoio.

-        Propiciar a colaboración da familia durante o procedemento de intervención (dende o ingreso ata a salida).

-        Intervir de maneira coordinada cos recursos implicados na atención ás familias (Servizos Sociais Municipais, centros educativos...).

-        Favorecer a consecución dos obxectivos establecidos dende o ámbito municipal para as familias usuarias do servizo.

-        Fomentar a participación das familias no funcionamento do centro.

-        Fomentar a implicación da familia e a vida do neno/a.

CONTEXTO ESCOLAR

-        Potenciar a integración escolar.

-        Apoiar / favorecer o seu rendemento escolar axeitado á idade e/ou ás capacidades e habilidades do/a neno/a.

-        Aprender, reforzar e manter hábitos de estudio axeitados.

-        Colaborar e coordinar actuacións con centros escolares e outros recursos educativos.

-        Implicar ás familias no proceso escolar dos seus/súas fillos/as.

-        Detectar dificultades no proceso de aprendizaxe e derivación aos servizos especializados. 

CONTEXTO DE LECER E  TEMPO LIBRE

-        Planificar actividades de lecer como un medio para a socialización e aprendizaxe de pautas para a convivencia.

-        Fomentar y acompañar en el proceso de aprendizaxe para a organización autónoma do tempo libre.

-        Promover actividades e dinámicas grupais para a aprendizaxe de normas e regras a través do xogo.

-        Motivar  e propiciar a participación nas actividades propostas.

-        Informar e reforzar a participación nos distintos recursos e actividades que ofrece o seu entorno (festivais, exposicións, visitas, asociacións,…).

-        Promover a participación dos /as nenos/as en actividades extraescolares.

CONTEXTO RESIDENCIAL

-        Coñecer e respetar os espazos e equipamentos do centro.

-        Coñecer e asimilar as normas xerais do centro.

-        Facilitar a adaptación á unidade de referencia e ás súas rutinas.

-        Asimilar normas e valores sociais que fomenten un ambiente de convivencia saudable.

-        Promover o coñecemento e o respecto de todo o persoal do centro.

-        Coñecer e asimilar o contido do“Modelo de convivencia” do centro.

PROGRAMAS

PROGRAMA DE ATENCIÓN Á INFANCIA

PROGRAMA  DE APOIO ESCOLAR

PROGRAMA COMEDOR

PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE

METODOLOXIA DA ACCION EDUCATIVA

Dúas palabras claves que contextualizan a intervención educativa: a CALIDADE e a TRANSVERSALIDADE

Tomando como marco de referencia o PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO (PEC), NORMAS DE FUNCIONAMENTO E REGLAMENTO DE RÉXIMEN INTERNO (RRI) e O SISTEMA DE CALIDADE,  a intervención educativa se desenvolve a nivel grupal e a nivel individual.

A Intervención educativa grupal se describe na PROGRAMACION ANUAL cos seus obxectivos e actividades, e do seguimento e  a avaliación se da conta na MEMORIA ANUAL, de acordo co noso procedemento de PLANIFICACION.

Programación anual (P.A.):

Memoria anual (M.A.)

A Intervención educativa individual establece o itinerario educativo de cada neno/a. Con esta intervención se pretende incidir na evolución do/a menor, especialmente en aqueles aspectos nos que presenten maiores dificultades, para acadar un desenvolvemento axeitado á súa idade e características individuais. O rexistro empregado para sistematizar esta intervención é o PEI (proxecto educativo individualizado).  

a)  Elaboración do Informe Inicial e  do proxecto educativo individualizado (PEI).

Aos 30 días do ingreso do/a neno/a, se elabora o informe inicial, noque se reflicten as necesidades do/a neno/a nas diferentes áreas de intervención e unha proposta educativa. O PEI é elaborado aos 45 días e nel se concretan e priorizan os obxectivos e as actuacións a desenvolver para a consecución destes.

b)  Seguimento e avaliación do PEI. Informe de Seguimento.

Con carácter semestral se elabora o informe de seguimento onde se reflexa a evolución do/a menor e a avaliación dos obxectivos e actuacións establecidas no PEI.

En comisión educativa (CCEE), se realiza o seguimento dos PEIS, a supervisión da aplicación destes e a súa adecuación ó PEC.

Todos os rexistros citados son os incluídos nos Protocolos da Xunta de Galicia para os centros de menores.

A intervención educativa está descrita nos procedementos do sistema de calidade de Intervención educativa (IE), Atención ás familias (AF) e coordinación con axentes externos (CAEX).