galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Familia e Infancia : Centros propios : Centro de día de menores de Ferrol

Sistema de calidade

POLITICA DE CALIDADE

A política de calidade establecida é a seguinte:

O Centro de día de menores de Ferrol se compromete a mellorar continuamente na xestión e prestación dos seus servizos así como ó cumprimento dos requisitos da norma ISO 9001:2008 e os legais e reglamentarios que lle afecten, procurando en todo momento a satisfacción dos seus grupos de interese.

A calidade é un compromiso da entidade así como unha responsabilidade individual de cada un dos membros da mesma que tendrá que manifestarse a través das accións que cada un emprenda. Ademais, deberá ser revisada para a súa continua adecuación e actualización, co fin de mellorar continuamente a eficacia do servizo.

A dirección se asegura de que la política de calidade:

  • Sexa axeitada á Misión e ó propósito dos Servizos.
  • Inclúa un compromiso de cumprir cos requisitos e de mellorar continuamente a eficacia do Sistema de Xestión da Calidade.
  • Proporcione un marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos de calidade.
  • Sexa comunicada e entendida dentro da organización.
  • Sexa revisada para a súa continua adecuación.

A mellora continua de calidade é un obxectivo permanente e debe reflexarse na percepción dos distintos grupos de interese. Para isto a organización se compromete:

Cos nenos/as:

-        Traballar sempre co fin último de procurar o seu benestar físico, psíquico e social.

-        Respectar e motivar a súa autonomía, autoestima e confianza.

-        Garantir un trato igualitario independentemente de raza, idade, sexo ou relixión.

-        Promover o desenvolvemento persoal atendendo ó individual a través dun enfoque educativo personalizado.

Coas familias:

-        Proporcionar un servizo de apoio e atención especializado dirixido ás familias que contribúa a mellorar os procesos de normalización familiar e a compensar as súas dificultades.

-        Promover a participación e implicación das familias na intervención educativa.

Cos concellos:

-        Establecer fórmulas de cooperación e coordinación no desenvolvemento dos programas de traballo.

-        Manter unha comunicación continua, áxil e fluída que favoreza a eficacia da intervención socioeducativa.

Co persoal:

A profesionalización dos recursos humanos con un estilo organizativo baseado no traballo en equipo, a través:

-        Facilitar a súa participación na toma de decisións relacionadas coa súa competencia profesional e de acordo co Reglamento de Réxime Interno e o  Proxecto Educativo de Centro.

-        Dotar dos recursos (materiais, formativos, técnicos…) necesarios para o desenvolvemento das súas funcións e mellora da súa competencia profesional.

-        Permitir o libre exercicio das súas funcións en coherencia co RRI e o PEC.

-        Favorecer un clima laboral “saudable” (cauces de comunicación transparentes, flexibles…).

MAPA DE PROCESOS

Para coñecer o mapa de procesos do centro, prema na seguinte ligazón

 MAPA DE PROCESOS.pdf

CERTIFICACIÓN DE CALIDADE

Para acceder ó Certificado de calidade do centro, prema na seguinte ligazón

 CERTIFICACION CALIDADE.pdf