galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Familia e Infancia : Centros propios

Fogar Infantil Emilio Romay

 

logoemilio.jpg

O Fogar Infantil “Emilio Romay” (FIER), é un establecemento de acollida para a infancia en idades  de 0-12 anos, de ambos sexos en situación de risco ou desamparo.

Según o Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores, o FIER é un Centro con Fogares, é dicir, un equipamento residencial con unidades de convivencia que permite a adecuación dos espazos e ritmos de vida autónomos dentro da organización xeral.

O Fogar Infantil orienta a súa actividade a atención das necesidades de nenas e nenos e apoiar ás familias para superar as dificultades e mellorar a súa autonomía na crianza das/os fillas/os.

O centro desenvolve un Programa socioeducativo de carácter psicosocial,  nun ambiente educativo e terapéutico, cun conxunto de tarefas e actividades que se complementan, dando un significado integral á intervención coa/co nena/o e a súa familia.

Polo tanto, o Fogar Infantil Emilio Romay da servizo á Comunidade Autónoma de Galicia.

ASENTAMENTO XEOGRÁFICO

O Fogar Infantil atópase situado na cidade da Coruña, preto das estacións de autobuses e tren, así como da vía principal de entrada na cidade.

Na súa contorna existen equipamentos educativos, de lecer, tempo libre e de entretemento, nun enclave físico que está a desenvolverse cunha serie de actuacións urbanísticas de mellora.

Fogar Infantil Emilio Romay

Av. do Ferrocarril, 43

15008 A Coruña

Tfno: 981 080 182 – 981 230 906

fogarinfantil.emilioromay@dacoruna.gal

PERSOAS DESTINATARIAS

Como centro de atención á infancia, o FIER desenvolve dous programas destinados á atención de nenas/os e o apoio as súas familias:

1º Programa de atención de día para nenas e nenos de 0 a 12 anos conveniado cos Concellos da Coruña e Culleredo para apoio aos programas de traballo con familias municipais.

* O ingreso prodúcese a petición do concello, son os servizos sociais comunitarios quen valora as demandas das familias, as súas condicións e a adecuación ou non ao contido do programa. 

* Este programa ten capacidade para atender un total de 20 nenas/os.

2º Programa de acollemento residencial para nenas e nenos de 0 a 12 anos en situación de risco que necesiten acollemento residencial temporal, apoio ás familias ou preparación para a integración noutra familia.

* O ingreso prodúcese a petición da Consellería de Política Social da Xefatura Territorial da provincia da Coruña que mediante Resolución administrativa determina a medida legal (garda ou tutela) e a modalidade de estancia (internado ou atención de día).

* O programa ten capacidade para 25 nenas/os nas dúas modalidades de internado e atención de día.

INSTALACIÓNS

As instalacións que utilizan as nenas, nenos e familias son amplias e funcionais. A pertenza a un fogar no centro, permite a autonomía e normalización das relacións.

O edificio, cunha superficie de 2.676,08 m2, conta con tres andares e baixo cuberta, cos seguintes usos:

- semisoto: cociña, lavandería, vestiarios, almacenaxe e sala de caldeiras.

- baixo: recepción, zona administrativa, salas de usos múltiples, tres salas de visitas, dous fogares independentes.

- primeiro andar: tres fogares independentes e dúas salas de visitas.

Está nunha parcela de 7.903 m2, que o rodea parcialmente, quedando unha das fachadas con acceso directo á vía pública.

O Fogar dispón tamén de dúas piscinas exteriores, xardíns, zonas verdes e espazos de xogo ao aire libre.