galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Familia e Infancia : Centros propios : Fogar Infantil Emilio Romay

Proxecto educativo FIER

Contidos do Proxecto educativo do centro

A filosofía que inspira a intervención no centro, susténtase na Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989, no que respecta á lexislación internacional, estatal e autonómica en relación á infancia e protección ás familias, e tomando en conta os estándares que os profesionais teñen consensuado en relación ás condicións do acollemento residencial.

O equipo do centro asume os principios rectores da Intervención, seguendo a calidade do servizo, dende unha posición ética e comprometida cun conxunto de contidos e valores que distinguen o estilo do centro, e para os profesionais un código ético que enmarca a intervención, e que asumen como referencia para todo o desenvolvemento metodolóxico dos programas que integran o PEI.

Obxectivos

O centro desenvolve un Proxecto educativo de carácter psico-social, nun ambiente educativo e terapéutico, que cun conxunto de tarefas e actividades que se complementan entre si, dan un sentido integral á intervención cos nenos/as. O obxectivo da intervención do centro, e a acollida de cada neno coas súas condicións persoais e familiares, nun ambiente cálido, afectivo e profesional, no que poder axudar a restaurar as condicións físicas, psicolóxicas, familiares e sociais, apoiando as familias de orixe ou a aquela na que se ha de integrar o neno/a.

O desenvolvemento práctico do proxecto concrétase nas diferentes áreas que abarca a intervención, e que constitúen as áreas de traballo dos PEI. As áreas da intervención, con contidos pertencentes a programas concretos , permiten a concreción de obxectivos operativos que han de integrar os PEI.

As áreas de Intervención son as seguintes:

1º.- Área de Autonomía e Saúde

2º.- Área de Personalidade e Actitudes

3º.- Área Social e de Convivencia

4º.- Área Escolar

5º.- Área de Ocio e Tempo de Lecer

6º.- Área Familiar

Estas áreas, que configuran a estrutura dos PEI, contan con intervencións dos programas transversais que se desenvolven no centro: 

  • Recepción.
  • Programa médico-pediátrico.
  • Educativo e convivencial.
  • Mantemento de contactos familiares.
  • Valoración e tratamento psicosocial.
  • Preparación para a adopción e o acollemento familiar. 

Programas operativos:

  • Seguimento psico-social e coordinación externa.
  • Formación interna.

 linguaxe-signos.jpg              reunion.jpg

                                           

Seguimento e avaliación dos PEI: Temporalización e instrumentos

O proxecto educativo individual é o documento básico no que se plasma a intervención individual con cada neno/a. Os titores teñen a tarefa de elaborar este documento dentro do seguinte mes do  ingreso do neno/a. Documento que se envía aos Equipos de Menores.

O seguimento interno de PEI é semanal. Realízase na Comisión Educativa

Os informes educativos de seguimento realízanse trimestralmente, remítense á Fiscalía de menores e á Delegación de Vicepresidencia.

O seguemento psico-social e a coordinación externa cos Equipos de Menores, formalízase mediante a celebración de reunións de traballo cos distintos Equipos cunha frecuencia trimestral.