galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade

"Concilia os teus tempos"-Servizo de canguraxe municipal

Dende o ano 2010 a Deputación Provincial da Coruña apoia, a través dun convenio de colaboración co Concello de A Coruña, o Servizo de Atención á Infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal (tamén denominado “Servizo de Canguraxe Municipal”), que comeza a súa andadura en novembro do ano 2007 coa creación do “servizo de municipal de atención á infancia de carácter colectivo”.

Este servizo nace coa finalidade principal de complementar os recursos municipais en materia de conciliación apoiando ás familias fora do horario escolar e dando cobertura a situacións puntuais e emerxencias familiares.

O Excmo. Concello en sesión do Pleno 19/12/2008 aprobou a ordenanza municipal reguladora do servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, que foi posteriormente publicada no BOP nº 44 de 23/02/2009.

De acordo co artigo 1.2 da ordenanza reguladora do servizo, enténdese por servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal o conxunto organizado e integrado de medidas e prestacións orientadas a favorecer:

-       A conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto aos menores como á unidade familiar no seu conxunto e apoiando, especificamente, ás mulleres no seu proceso de participación socio-laboral.

-       A corresponsabilidade nos eidos doméstico, familiar e social, a través da programación de actividades dirixidas ás novas xeracións.

OBXECTIVOS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do servizo é contribuír a harmonización da vida laboral, familiar e persoal, fundamentalmente das mulleres, ofertando coidados básicos e atencións de carácter lúdico, social e educativa aos seus menores.

Obxectivos específicos

-       Potenciar o benestar das unidades familiares.

-       Favorecer a inserción laboral e a formación ocupacional das mulleres.

-       Facilitar un tempo de seu que lles facilite a participación activa na sociedade, para acadar o seu “empoderamento”.

-       Habilitar espazos de intervención educativa non formal.

-       Ofrecer coidados dos menores no propio domicilio.

ACTUACIÓNS DO PROXECTO

O servizo, de acordo co artigo 7 da ordenanza reguladora, contempla tres tipos de atencións, denominada modalidades:

   - Espazos de atención á infancia de carácter colectivo (EAI).

   - Atención á infancia a través dunha rede municipal de ludotecas.

   - Atención á infancia a domicilio.

I) Espazos de atención á infancia de carácter colectivo:

De acordo co artigo 8 da ordenanza reguladora do servizo, son espazos onde se proporciona, de modo non regular, acollemento e actividades lúdico educativas a menores de4 a12 anos en horario de tarde.

Están deseñados para atender situacións tales como: traballo fóra do fogar das persoas responsábeis dos/das menores, participación en programas municipais, asistencia a cursos de formación para o emprego, entrevistas de traballo, períodos de proba, emerxencias familiares ou participación en outras actividades de carácter social.

II) Atención á infancia a través dunha rede municipal de ludotecas:

De acordo co artigo 9 da ordenanza reguladora do servizo, supón a implementación dunha serie de espazos socio-educativos diúrnos dirixidos tanto aos menores de4 a12 anos como as súas familias, nos que se favorecerá o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo dos menores a través do emprego de xogos e xoguetes.

III) Atención á infancia a domicilio:

De acordo co artigo 10 da ordenanza reguladora do servizo, supón un conxunto de accións vencelladas ao coidado e atencións a dispensar a menores de 4 meses a 12 anos no seu propio domicilio. Nesta modalidade se abordan fundamentalmente situacións de conciliación da vida laboral e familiar, priorizando casuísticas de emerxencia familiar como a enfermidade dos/as menores e o traballo de ambos proxenitores ou, no seu caso, da persoa responsable legal do/a menor.

PERSOAS BENEFICIARIAS DO PROXECTO

Segundo o artigo 6 da ordenanza reguladora do servizo, serán persoas beneficiarias - en función das características de cada servizo -  os membros das unidades familiares responsables dos menores a cargo de entre catro meses e os doce anos con necesidades obxectibables de conciliación dos eidos laboral, familiar e persoal, dificultades para acceder a outros recursos normalizados e que reúnan unha serie de requisitos, entre eles, a non dispoñibilidade de recursos económicos ou persoais adecuados para afrontar a súa necesidade.

O servizo contempla diferentes persoas beneficiarias segundo o tipo de modalidade do servizo, de acordo cos artigos 8.1, 9.1, 10.1 e 11.1 da ordenanza reguladora do servizo:

a) Espazo de atención á infancia (EAI):

Nesta modalidade poderán acceder aqueles menores de catro a doce anos, dende que no ano do curso escolar teñan ou cumpran os 4 anos e/ou estean integrados no primeiro curso de educación infantil.

Nesta modalidade a residencia habitual da unidade familiar do menor poderá atoparse noutro municipio limítrofe ou cercano do municipio da Coruña.

b) Rede municipal de ludotecas:

Nesta modalidade poderán acceder á poboación infantil de idades comprendidas entre os catro e os doce anos.

Nesta modalidade ao igual que na de Espazos, a residencia habitual da unidade familiar do menor poderá atoparse noutro municipio limítrofe ou cercano do municipio da Coruña.

Segundo a artigo 11.1 da ordenanza reguladora, para acceder ás modalidades de EAI e da rede de ludotecas deberán cumprirse algún dos seguintes requisitos:

-       A persoa responsable do/a menor ou o menor deberá estar empadroado no municipio da Coruña.

-       O/a menor deberá estar cursando estudios nun centro de ensino domiciliado no municipio da Coruña.

-       A persoa responsable do menor deberá ser empregado/a público/a, traballador/a por conta propia ou allea, nun centro de traballo domiciliado no municipio da Coruña.

Nesta modalidade a residencia habitual da unidade familiar do menor poderá atoparse noutro municipio limítrofe ou cercano do municipio da Coruña.

c) Atención á infancia a domicilio:

Nesta modalidade poderán acceder aqueles menores de idades comprendidas entre os catro meses e os doce anos no seu propio domicilio.

Segundo a artigo 11.1 para acceder a este servizo o responsable do menor ou o menor deberán estar empadroados no municipio da Coruña.

PARA SABER MÁS SOBRE ESTE SERVICIO, INFÓRMATE EN:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

Barrio das Flores - Rúa Hortensias s/n, 15008, A Coruña

Teléfono: 981 184356 - Fax: 981 184357

http://www.coruna.es/servizossociais/gl/quen-somos/programas/buscador-de-programas/detalle-programas/servicio-de-atencion-a-la-infancia-para-la-conciliacion-canguraje-municipal/contenido/1352772990232?argIdioma=gl

Concellaría de Servizos Sociais do Concello da Coruña

Fernández Latorre nº27, 15006, A Coruña

Teléfonos: 981 241 122 / 981 241 222 - Fax: 981 239 049

Enderezo electrónico: cim@coruna.es