galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Convocatoria de subvencións

Subvencións entidades locais

CONCESIÓNS

Pode consultar as concesións de subvencións do programa FOIO0B dos últimos anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014

ANO 2013

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades locais fináncianse as seguintes liñas de actuación:

PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES

CI-1 PLANIFICACIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables

- Elaboración, publicación, difusión e avaliación final dos Plans municipais de igualdade

- Proxectos de investigación e/ou estudo-diagnóstico territorial sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

CI-2 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programa formativo ou de sensibilización sobre a importancia da representación equitativa e a participación activa das mulleres nas institucións/asociacións e órganos de toma de decisións tanto do ámbito público coma privado.

CI-3 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programa de actividades coeducativas no ámbito comunitario, especialmente dirixidos á poboación infantil e xuvenil en colaboración directa cos centros educativos, coas ANPAS, etc.

- Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades.

CI-4 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas formativos de mellora da empregabilidade das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego

- Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e á procura dun medio rural sustentable.

CI-5 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas e/ou Servizos de conciliación.

PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Códigos:

CV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables

- Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario

- Programas formativos sobre intervención en materia de violencia de xénero.

CV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e das persoas que delas dependan.

- Protocolos e/ou estructuras de coordinación interinstitucional de cara á prevención, detección e intervención na loita contra a violencia de xénero e protección das persoas en situacións de violencia de xénero e das persoas que delas dependan