galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Convocatoria de subvencións

Subvencións entidades sen ánimo de lucro

Pode consultar as concesións de subvencións do programa FOIO0A dos últimos anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014

ANO 2012

ANO 2011

ANO 2010

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades sen ánimo de lucro fináncianse as seguintes liñas de actuación:

EI- PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES

Códigos:

EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación mais activa da vida pública.

- Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.

EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programa e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero especialmente dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade social como poden ser as que pertencen a minorías, emigrantes, inmigrantes, con diversidade funcional, que exercen a prostitución, reclusas e ex-reclusas, mulleres "vítimas violencia de xénero” etc.

- Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades

EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas formativos de mellora da empregabilidade das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.

- Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades do contorno, e a procura dun medio rural sustentable.

EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas e/ou Servizos de conciliación.

EV- PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Códigos:

EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.

EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Tipos de proxectos subvencionables:

- Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas delas dependentes.