galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade

Introducción

equidad_genero.jpg

A Deputación da Coruña, traballa promovendo e apoiando diferentes actuacións preventivas e/ou de intervención social para facer real e efectiva a igualdade entre mulleres e homes na provincia. Por iso anualmente convoca subvencións baseándose na Lei 38/2003 , do 17 de novembro, xeral de subvencións, dirixida a entidades locais e a entidades sen ánimo de lucro,asina convenios singulares a diferentes entidades e pon en marcha proxectos, programas/actividades (concursos, circuítos actividades coeducativas, xornadas, etc) desde a Sección de Servizos Sociais,políticas de igualdade de xénero.

Segundo a lexislación vixente e en concreto no artigo 36 da LRSAL recollese que é competencia da Deputación a asistencia técnica, económica e xurídica así como o desenvolvemento económico e social e a planificación provincial.

Na Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, no art. 118 inclúe como competencia das deputacións “rexer e administrar os intereses peculiares da provincia, creando, conservando e mellorando os servizos que teñan por obxecto o fomento deles, e, en especial, os seguintes:...d) Organización de concursos e exposicións e de calquera outra actividade que teña por finalidade o fomento en materia de cultura, educación e deporte…”

A lexislación específica en materia de servizos sociais Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galiza no artigo 63 recolle que é competencia das deputacións a asistencia económica, técnica e xurídica.

Na Lei orgánica 3/2007, del 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres o artigo 14.3 fai referencia a “colaboración e cooperación entre as distintas administracións públicas na aplicación do principio de igualdade de trato e de oportunidades” e no artigo 21 punto 1 e 2 recolle que “A Administración xeral do Estado e as administración das comunidades autónomas cooperarán para integrar o dereito de igualdade entre mulleres e homes no exercicio das súas respectivas competencias e, en especial, nas súas actuacións de planificación. No seo da Conferencia Sectorial da Muller poderanse adoptar plans e programas conxuntos de actuación con esta finalidade. As entidades locais integrarán o dereito de igualdade no exercicio das súas competencias e colaborarán, para tal efecto, co resto das administracións públicas”.

Na Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes no art. 6 faise referencia ao Significado da transversalidade e criterios de actuación. E recóllese que “ Na aplicación dese principio de integración da dimensión da igualdade de oportunidades na elaboración, na execución e no seguimento de todas as políticas e de todas as accións da súa competencia, ou principio de transversalidade, a Xunta de Galicia establece como criterios xerais da súa actuación: a) O fomento da colaboración entre os diversos suxeitos implicados na igualdade de oportunidades, trátese de suxeitos públicos de ámbito internacional, comunitario, estatal, autonómico, provincial ou local, ou trátese de suxeitos privados, como os partidos políticos, os sindicatos de traballadores ou traballadoras, as asociacións de empresariado ou os colexios profesionais, e, especialmente, a colaboración fomentarase en relación coas asociacións e cos grupos de mulleres”.

Segundo o artigo 4 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, baixo o principio xeral de cooperación e coordinación. Os poderes públicos galegos intensificarán as accións para a cooperación e coordinación interinstitucional dos recursos e instrumentos contra a violencia de xénero, promovendo a colaboración e a participación das asociacións de mulleres, así como das entidades e organizacións da sociedade civil.

A Deputación da Coruña, traballa promovendo e apoiando diferentes actuacións preventivas e/ou de intervención social para facer real e efectiva a igualdade entre mulleres e homes na provincia. Por iso anualmente convoca subvencións baseándose na Lei 38/2003 , do 17 de novembro, xeral de subvencións, dirixida a entidades locais e a entidades sen ánimo de lucro, asina convenios singulares a diferentes entidades e leva a cabo proxectos e actividades desde a Sección de Servizos Sociais.

LIGAZÓNS

Conselleria Traballo e Benestar

Servizo Galego de Igualdade

Secretaria Xeral de Igualdade

Ministerio de Igualdade

CONTACTO

igualdade@dacoruna.gal