galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concepción Arenal: proxectos educativos en igualdade de xénero : 2015

Características

Premio Concepción Arenal 2015: proxectos educativos pola igualdade de xénero
Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos. Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:

A)      Proxectos educativos en educación infantil
B)      Proxectos educativos en educación primaria

C)      Proxectos educativos en educación secundaria
Premiarase o programa de actividades de centro no que se  traballe en prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.
Premio: Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade.
Prazo: 30 novembro de 2015.
Para mais información, premer na ligazón  http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/10/30/2015_0000010536.html