galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concepción Arenal: proxectos educativos en igualdade de xénero : 2015

Proxectos gañadores

Presentáronse 12 candidaturas, das cales 1 presentouse repetida. Preséntanse 2 candidaturas para para proxectos educativos en Educación infantil, 1 candidatura en Educación primaria e 8 en Educación Secundaria.

Unha vez analizados e valorados todos os proxectos, o xurado decide nomear ós seguintes premiados:

-          Na Modalidade A, Educación infantil, o gañador e o C.E.IP. de Canosa-Rus, do concello de Coristanco, co seu proxecto "Sementando a igualdade no rural".

O xurado decide outogar este premio a dito proxecto tendo en conta a variedade e concreción das actividades plantexadas, propoñendo a súa temporalización, obxectivos específicos e metodoloxía, así mesmo pola implicación de toda a comunidade educativa, incluíndo ás familias e outras organizacións da contorna. O xurado considera ademais que está moi ben definido o plan de difusión do proxecto, que inclúe a elaboración de diferentes recursos así como o plan de avaliación, no que se definen diferentes momentos avaliativos (do proxecto, do desenvolvemento da unidade, do proceso de ensino-aprendizaxe, etc.)

-          Na modalidade B, Educación primaria, o gañador é o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira, do concello de Ferrol, co seu proxecto "Todas e todos contamos".

O xurado decide outorgar este premio en base á implicación do persoal docente e non docente no proxecto, incluíndo a persoal de servizos do propio centro e incluso a outro tipo de organizacións (ONG, concellos, etc.). Destaca tamén a diversidade das actividades plantexadas e a cantidade de recursos empregados (literatura, cine, teatro, exposición fotográfica, etc.).

-          Na modalidade C, Educación secundaria, o proxecto gañador foi o presentado polo I.E.S. Fraga do Eume, do concello de Pontedeume, co "Proxecto Amazonas. Observatorio de xénero. Laboratorio de igualdade".

Este proxecto implica a gran parte do persoal docente e non docente do centro, ademais de persoal do concello de Cabanas, polo que tería un carácter comarcal. Ademais as diferentes fases do proxecto están moi ben definidas e temporalizadas e inclúe formación para o alumnado, persoal docente e familias. Así mesmo contempla a creación dun Observatorio de xénero, con impacto no centro e na contorna, chegando a definir as súas funcións principais; e un plan de avaliación definindo indicadores de tipo cuantitativo e cualitativo e os instrumentos avaliativos a empregar.

Cada un dos premios está dotado cunha achega de 5.000 euros.