galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concepción Arenal: proxectos educativos en igualdade de xénero : 2016

Características

Obxecto

O obxecto do certame é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

O premio concederase ao mellor programa educativo en cada unha das tres modalidades que xa se implantase e se pretenda continuar, ou ben que estea pendente da súa execución.

Premiarase o programa de actividades do centro no que se  traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Categorías de participación

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:

A)    Proxectos educativos en educación infantil

B)    Proxectos educativos en educación primaria

C)    Proxectos educativos en educación secundaria

Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto.

Non poderán participar os centros educativos premiados, na convocatoria do ano 2015, na mesma modalidade na que se presentaron.

Premio

Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade.

Esta cantidade está suxeita  ás retencións legais que sexan de aplicación.

O xurado poderá facer unha mención honorífica a algún outro proxecto educativo pola súa calidade técnica ou impacto social.

A Deputación resérvase os dereitos  de explotación da propiedade intelectual e en especial os dereitos de reprodución, transformación, distribución e comunicación pública por tempo indefinido para que a Deputación poida empregar os proxectos gañadores para calquera actividade da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

Prazo e forma de presentación dos traballos

Prazo: o prazo de admisión de proxectos ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase aos 30 días naturais.

Forma de presentación: o proxecto educativo entregarase en soporte papel e dixital nun sobre pechado, no exterior do sobre indicarase; Premio Concepción Arenal 2016: proxectos educativos pola igualdade de xénero, modalidade na que se presenta ( A, B ou C), nome do centro participante e o título do proxecto.

Dentro deste sobre engadirase:

  1. Folla de aceptación dos compromisos (anexo I) cos datos requiridos debidamente asinada.
  2. Fotocopia do CIF do centro participante

As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. do Porto da Coruña nº2 15003 A Coruña, ou consonte co indicado no art.. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 novembro, RXPAC.

Para máis información poden consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/10/28/2016_0000008677.pdf