galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concepción Arenal: proxectos educativos en igualdade de xénero : 2017

Proxectos gañadores

Os proxectos gañadores do Premio Concepción Arenal de proxectos educativos en igualdade de xénero no ano 2017 son;

Modalidade A (Educación Infantil) : C.E.I.P. María Pita Coruña co proxecto  "Tripulando a igualdade" 

Modalidade B  (Educación Primaria): C.P.I. Atios Valdoviño co proxecto "Proxecto DNI: Diferentes na igualdade" 

Modalidade C (Educación Secundaria): I.E.S. Otero Pedrayo na Coruña co proxecto "Mais pola igualdade" 

O xurado destacou de "Tripulando a igualdade", o premio de Educación Infantil do CIP María Pita da Coruña que traballa a educación emocional do alumnado, o uso das novas tecnoloxías e a inclusión do entorno educativo de maneira especial co emprego do "libro viaxeiro" que visitará as casas do alumnado implicando toda a súa familia.

En canto á proposta do Centro CPI Atios Valdoviño titulado "Diferentes na igualdade" que se impuxo na modalidade de Educación Primaria, o xurado estima a incorporación das novas tecnoloxías para contribuír á igualdade nun traballo que se inclúe no proxecto europeo Erasmus Plus que ten como obxectivo potenciar as competencias científicas e tecnolóxicas do alumnado, con especial atención á diversidade.

Finalmente, con respecto ao proxecto defendido polo IES Otero Pedrayo da Coruña, "Máis pola igualdade" que gañou na categoría de secundaria, destaca o fallo da convocatoria que trata de formar o alumnado para que sexa quen traslade a aprendizaxe a outra parte do alumnado. O xurado sinalou que é o propio alumnado quen fai a diagnose e o programa de sensibilización, converténdose en axente especial para apostar por medidas de inclusión. O proxecto ten no audiovisual unha das principais canles de difusión.