galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de carteis

2008

I CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS E SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A sensibilización da sociedade co problema dos malos tratos é maior cada día e a colaboración de toda a cidadanía parece necesaria para pór fin a este mal que necesita dun gran apoio institucional. Co obxecto de promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega arredor dos malos tratos, a Deputación da Coruña, no marco das actividades do día 25 de novembro de 2008, quixo que a sociedade participase e que se implique de xeito activo, e por este motivo convoca por primeira vez o I Concurso de Carteis con Slogan contra a Violencia de Xénero. Posteriormente cos carteis seleccionados fíxose unha exposición para convidar a sociedade a participar cunha observación directa que obrigue a reflectirnos por esa necesidade de mudanza, para deste xeito avanzar na loita contra esta lacra social.