galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de carteis

2009

II CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS E SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A sensibilización da sociedade ante o problema dos malos tratos é maior cada día e a colaboración de todas as persoas parece necesaria para pór fin a este mal que segue necesitando dun grande apoio institucional. Co obxecto de promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega en torno aos malos tratos, a Deputación da Coruña, no marco das actividades do 25 de novembro, quere que a sociedade participe, se implique de maneira activa por segundo ano, e por este motivo convoca un concurso de carteis con slogan para a súa difusión, no que todos e todas poidamos participar na prevención desta lacra social.