galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos

Concurso fotografía

Convocouse no marco das actividades da Conmemoración do 25 de Novembro 2012 “Día contra a violencia de xénero”, un Concurso de fotografía “ Revélate e únete ao bo trato”.

Esta actividade proponse co obxecto de promover unha actitude reflexiva, participativa e activa da sociedade galega sobre a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero. O obxectivo é traballar defendendo os valores de igualdade, a convivencia positiva entre sexos, o fomento de actitudes positivas de bo trato entre mulleres e homes baseadas, nas relacións sas, na tolerancia, e no respecto como forma de loitar contra a violencia de xénero, no día de hoxe aínda un reto real na nosa sociedade.

O premio concedeuse a aquel traballo que coa súa creatividade, orixinalidade, calidade fotográfica e a contribución da imaxe proposta, a favor da defensa dos valores de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, convivencia positiva entre sexos e loita contra a violencia de xénero fomente actitudes positivas de bo trato entre mulleres e homes, que reflicten en relacións sas, baseadas na tolerancia, no respecto e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.