galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de guións contra a violencia de xénero : 2014

Características

I Concurso de guións contra a violencia de xénero

Co gallo da conmemoración, do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, a Deputación Provincial da Coruña convocou o concurso de guións contra a violencia de xénero co cal quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro. O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater a violencia de xénero. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación. O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social, potencialidade e viabilidade audiovisual, que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación en xeral dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social. O concurso tamén promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual. Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que adaptarase segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.