galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de guións contra a violencia de xénero : 2015

Características

I Concurso de guións contra a violencia dexénero, ano 2015

Obxecto: elaborar un guión de curtametraxe a través do cal sexere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero.

O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes,artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo,con impacto social e potencialidade audiovisual, que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación en xeral dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.

Premio: outorgarase un premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, onde as
persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso, e un premio en metálico de 2.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.

Prazo: 30 novembro de 2015.