galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Igualdade : Premios e concursos : Concurso de guións contra a violencia de xénero : 2015 : Persoas gañadoras

"Corazón amoratado"

cartel corazon amoratado version reducida.jpgESTREA

A estrea da curtametraxe "Corazón amoratado" tivo lugar o pasado día 22 de febreiro de 2017 ás 19.30 horas no Centro Ágora, sito no Lugar da Gramela número 17, A Coruña.
Esta curtametraxe está basada no guión gañador do Concurso de guións contra a violencia de xénero do ano 2015 convocado pola Área de Igualdade da Deputación.
O xurado destacou neste guión a súa orixinalidade, claridade e capacidade de xerar reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero, obxecto principal da convocatoria.
Así mesmo o guión traballa o debate e mobilización, reflexionando sobre a necesidade de combater e denunciar a violencia de xénero, traspasando a responsabilidade social do ámbito privadó o ámbito familiar, facendo partícipe a toda a sociedade da denuncia e condena deste tipo de feitos.
As gañadoras deste premio foron alumnas do I.E.S. Puga Ramón que agora nos presentan o resultado do seu traballo, unha curta onde reflexionar sobre a realidade da violencia de xénero. A curtametraxe está producida pola productora Correlo Films.

A curtametraxe está dispoñible para a súa utilización. Para poder visualizar a curtametraxe poden premer nas seguintes ligazóns: 

Subtitulado en galego

Subtitulado en castelán

No caso de empregar este material para calquer acto público, agradeceríamos que nos envien un correo electrónico a igualdade@dacoruna.gal coa información de dito acto.

VII FESTIVAL CINEOI (ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS)

A curtametraxe "Corazón amoratado" obtuvo o primeiro premio da categoría xuvenil do VII Festival CINEEOI, organizado pola Escola Oficial de Idiomas. 

As autoras da curtametraxe, María Calvo, Uxía Carreira, Mecía González e Gala Sandá, alumnas do I.E.S. Puga Ramón da Coruña, recolleron dito premio na gala celebrada o pasado día 27 de abril de 2017 na cidade da Coruña.